SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

2085919 Concesión de bolsas para os deportistas de alto nivel (DEPO_DAN) e deportistas promesa (DEPO_PROMESA) da provincia de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra, ao abeiro do seu plan estratéxico, quere crear unha imaxe de marca provincial para fomentar e recoñecer as e os deportistas de alto nivel da provincia de Pontevedra.

Concesión de bolsas destinadas a apoiar as e os deportistas que compiten de maneira individual ou por parellas, da provincia de Pontevedra, e que obtivesen o recoñecemento como DEPO-DAN ou DEPO-PROMESA na lista de persoas deportistas recoñecidas e non recoñecidas nas categorías DEPO-DAN e DEPO-PROMESA publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 102 do 29 de maio de 2020.

As bolsas destinaranse a apoiar e posibilitar a súa participación nas competicións internacionais e nacionais para o ano 2020 e así axudarlles na consecución dos logros que lles permitan acadar a súas futuras metas deportivas.

Prazo de resolución: 6 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Deportes

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 1 xullo ata o 21 de xullo de 2020

Poderán beneficiarse desta convocatoria as e os deportistas que cumpran os seguintes requisitos:

  1. Ter o recoñecemento da Deputación Provincial de Pontevedra como DEPO-DAN ou DEPO-PROMESA no ano 2020, segundo consta na RP núm. 699 de 22/05/20 publicada no BOPPO núm. 102 de 29 de maio de 2020
  2. Estar en posesión dunha licenza deportiva vixente no ano 2020
  3. Non estar cumprindo ningunha sanción disciplinaria ou administrativa en materia deportiva de carácter grave ou moi grave

Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias as e os solicitantes nos que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG).

As persoas solicitantes deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

  • Certificado federativo: só para as e os deportistas na categoría DEPO-DAN, un certificado deportivo emitido polas federacións no que se especifiquen a participación e a clasificación nas diferentes probas deportivas (anexo I).

As solicitudes deberán realizarse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal.

Tamén poderán presentarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes a través do rexistro electrónico a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal), e os certificados electrónicos (incluído o DNIe).

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local