SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra

2085847 Programa de fomento da empregabilidade na provincia de Pontevedra “O teu primeiro emprego” nos concellos

O plan de fomento da empregabilidade na provincia de Pontevedra denominado “O teu primeiro emprego” ten por finalidade facilitarlles ás e aos titulados universitarios e de ciclos superiores de formación profesional da provincia o acceso a un primeiro emprego adecuado ao nivel de estudos cursados que lles permita adquirir experiencia profesional e lles facilite a súa futura inserción no mercado laboral.

O programa “O teu primeiro emprego” nos concellos da provincia desenvólvese en dúas fases:

a) Primeira fase de selección das entidades colaboradoras e de determinación das titulacións dos postos de traballo que se desempeñarán baixo a modalidade de contrato en prácticas

b) Segunda fase de selección das persoas beneficiarias das contratacións en prácticas

Este procedemento ten como obxecto a selección dos concellos como entidades colaboradoras e a determinación das titulacións dos 162 postos de traballo que se van desempeñar baixo a denominación de contrato en prácticas.

Prazo de resolución: 6 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Promoción de Emprego e desenvolvemento local

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 16 de maio de 2019 ata o 30 de maio de 2019

Poderán ser entidades colaboradoras das axudas ou subvencións previstas neste programa os concellos da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes que dispoñan de capacidade técnica e de xestión suficiente para a execución dos correspondentes proxectos e non incorran nas circunstancias establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS).

As axudas ou subvencións deste programa van dirixidas á contratación laboral en prácticas de tituladas e titulados universitarios e de formación profesional de ciclos superiores por parte das entidades colaboradoras.

Os concellos interesados deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

  • Certificación do secretario da entidade solicitante, segundo o modelo anexo II

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).

Para a presentación das solicitudes, a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluíndo o DNI-e).

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local

Volver