Amplíanse os prazos de presentación de solicitudes dos procedementos de "O teu primeiro emprego" tanto en ONGs como en corporacións sectoriais ata o 15 de Abril do 2021 por unha incidencia no servizo de cl@ve.
2085224 Subvencións a centros escolares de educación primaria e secundaria da provincia de Pontevedra para o desenvolvemento de proxectos no marco das STEM
Descrición
Dirixido a
Poderán presentar solicitudes todos os centros escolares públicos, de educación primaria e secundaria da provincia de Pontevedra, de maneira individual ou en conxunto, para desenvolver proxectos medioambientais dun grupo de alumnas e alumnos de primaria e secundaria coordinados por unha ou varias persoas docentes, en representación do centro.
Cada entidade peticionaria poderá presentar unha única solicitude por centro.
Documentación requirida
Os centros escolares interesados deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
Memoria científica/técnica detallada e asinada do proxecto medioambiental que se vai desenvolver na que se recollan os obxectivos e a finalidade que se pretenden alcanzar, fundamento, deseño e execución coa metodoloxía que se empregará e a implicación do alumnado
Orzamento detallado e asinado no que figure o custo total do desenvolvemento do proxecto, incluído o IVE
Escrito da dirección do centro no que figure a persoa ou persoas docentes representantes deste (nome, apelidos, NIF e especialidade) e responsables do alumnado implicado (anexo I)
As agrupacións de centros escolares que se constitúan para optar a estas axudas presentarán por cada centro o escrito da dirección do centro no que figure a persoa ou persoas docentes representantes deste (nome, apelidos, NIF e especialidade) e responsables do alumnado implicado (anexo I) e, ademais, un escrito no que figuren os centros escolares participantes, a persoa responsable elixida para a representación da agrupación e a porcentaxe que achegará cada un dos centros da parte non subvencionable (anexo II)
Como facelo
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).
Para a presentación das solicitudes, a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluíndo o DNI-e).