Amplíanse os prazos de presentación de solicitudes dos procedementos de "O teu primeiro emprego" tanto en ONGs como en corporacións sectoriais ata o 15 de Abril do 2021 por unha incidencia no servizo de cl@ve.
Persoal da Deputación de Pontevedra e das entidades que se adheriron ao Plan agrupado de formación continua que se atope en servizo activo ou estea gozando dun permiso por parto, adopción ou acollemento, tanto preadoptivo coma permanente ou simple, por adopción internacional ou en situación de excedencia por coidado de fillas, fillos e outros familiares, segundo se establece nos artigos 121.6 e 176.7 da Lei 2/2015, de 29 de abril, de emprego público de Galicia. Non poderá participar nunha actividade formativa a persoa que ao inicio do curso se atope en situación de incapacidade temporal.
Documentación requirida
As persoas interesadas deberán presentar a solicitude electrónica dispoñible na sede electrónica.
Como facelo
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado, dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal) de acordo co establecido no artigo 14.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).
No caso de achegar a solicitude de forma presencial requiriráselle que a emende mediante a súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que se realice a emenda.
Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).
Só se poderá solicitar ata tres accións formativas de modalidade en liña por semestre; a cada persoa interesada concederáselle un máximo de dous cursos por semestre.