SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

2084369 Plan Agrupado de Formación Continua da Deputación de Pontevedra: solicitude de accións formativas

No marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas, con cargo ao crédito existente nas aplicacións orzamentarias da Deputación de Pontevedra e á subvención que conceda a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o Plan agrupado de formación continua do ano 2021, apróbase mediante resolución presidencial a convocatoria das accións formativas de modalidade en liña para o ano 2021 que se recollen no anexo I.

Prazo de resolución: 3 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Recursos Humanos e Formación

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 23 de marzo de 2021 ata vinte (20) días antes do inicio de cada acción formativa

Persoal da Deputación de Pontevedra e das entidades que se adheriron ao Plan agrupado de formación continua que se atope en servizo activo ou estea gozando dun permiso por parto, adopción ou acollemento, tanto preadoptivo coma permanente ou simple, por adopción internacional ou en situación de excedencia por coidado de fillas, fillos e outros familiares, segundo se establece nos artigos 121.6 e 176.7 da Lei 2/2015, de 29 de abril, de emprego público de Galicia. Non poderá participar nunha actividade formativa a persoa que ao inicio do curso se atope en situación de incapacidade temporal.

As persoas interesadas deberán presentar a solicitude electrónica dispoñible na sede electrónica.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado, dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal) de acordo co establecido no artigo 14.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).

No caso de achegar a solicitude de forma presencial requiriráselle que a emende mediante a súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que se realice a emenda.

Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).

Só se poderá solicitar ata tres accións formativas de modalidade en liña por semestre; a cada persoa interesada concederáselle un máximo de dous cursos por semestre.

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local
  • Lei 2/2015, de 29 de abril, de emprego público de Galicia