Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra
Volver
Rexistro electrónico

2084635 Admisión en réxime residencial no Centro Príncipe Felipe

Ao abeiro do disposto na Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia (DOG 18/12/2008), e mais o Decreto 329/2005, de 28 xullo, (DOG 16/8/2005) polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia, a Deputación de Pontevedra conta no Centro Príncipe Felipe con recursos para a atención residencial de menores procedentes de concellos da provincia.

Este servizo de acollemento residencial ten como finalidade atender a aquelas persoas menores procedentes de familias con problemáticas de risco psicosocial que, inicialmente abordadas polos servizos sociais comunitarios dos concellos, exceden as posibilidades de intervención destes e non acadan os requisitos necesarios para que se produza unha asunción de responsabilidade por parte da Xunta de Galicia.

Tendo en conta estas premisas, a Deputación Provincial de Pontevedra ofrece para estes casos un programa de atención residencial que ten carácter básico e que, suxeito ás posibilidades dos seus recursos humanos e materiais.

Este procedemento regula o proceso de admisión en réxime residencial no centro Príncipe Felipe para o curso 2019-2020.

Prazo de resolución: 3 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Centro Príncipe Felipe

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 10 de abril de 2019 ata o 10 de maio de 2019

A presente convocatoria está destinada a aquelas persoas menores que, procedentes de familias con dificultades de risco psicosocial e correspondentemente avaladas polos servizos sociais dos respectivos concellos, precisan a garantía dunha protección que contribúa ao seu benestar, ao exercicio do seu dereito de recibir educación e a unha atención integral nun marco de convivencia normalizado.

Para poder optar a ser adxudicataria ou adxudicatario dunha praza en réxime residencial en Príncipe Felipe serán requisitos imprescindibles os seguintes:

a) A persoa menor para a que se solicita praza debe estar empadroada e residir de xeito efectivo nalgún dos concellos da provincia de Pontevedra.

b) A solicitude de praza para unha persoa menor debe ser derivada polos Servizos Sociais dos diferentes concellos da provincia, sendo necesaria a súa presentación no prazo que se estipule na presente convocatoria.

c) A persoa menor para a que se solicita praza debe estar matriculada ou acreditar reserva de praza en centros escolares públicosda provincia de Pontevedra, dependentes da Consellería de Cultura, Educación e O.U.

d) A persoa menor para a que se solicita praza debe cumprir cos seguintes requisitos de idade:

  • Ter, como mínimo, unha idade de 3 anos no momento do ingreso.
  • Non ter cumpridos os 16 anos no momento do ingreso.

O límite máximo de idade establecido no punto anterior poderá flexibilizarse, ampliándoo ata o máximo de 18 anos, naqueles casos de menores xa residentes na convocatoria inmediatamente anterior para os que fose realizada a proposta de continuidade pola comisión de revisión do período de permanencia da unidade e centro onde xa estiveron ingresados.

Esta flexibilización da idade máxima no recurso residencial terá sempre carácter excepcional e aplicarase exclusivamente para os efectos de remate de estudos iniciados ou de formación laboral.

Non se consideran persoas destinatarias deste procedemento as que figuren nalgunha das seguintes situacións:

  • Persoas menores que se atopen en situación de risco de desamparo e, polo tanto, susceptibles de estar suxeitos á xurisdición da Xunta de Galicia.
  • Persoas menores que necesiten atención psicoeducativa en centros específicos para o seu tratamento.
  • Persoas menores con trastornos mentais ou de conduta graves que requiran unha intervención psicoeducativa específica.
  • Persoas menores con graves trastornos do desenvolvemento que requiran tratamentos psicoeducativos específicos.
  • Persoas menores con toxicomanías
  • Persoas menores que, por carecer dunha suficiente capacidade de autovalemento, non estean en condicións de integrarse adecuadamente nas unidades de convivencia.
  • Persoas menores que procedan de unidades familiares que superen o límite de ingresos económicos establecidos nestas bases .

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación, segundo corresponda:

OBRIGATORIA PARA TODAS AS SOLICITUDES

  • Modelo de solicitude
  • Relación das persoas integrantes da unidade familiar e comprobación de datos (Anexo II)
  • Informe social dos Servizos Sociais Comunitarios do Concello
  • Copia cotexada do libro de familia
  • Informe médico de non padecer enfermidade infecto-contaxiosa e rexistro de vacinacións
  • Certificado de matrícula escolar ou fotocopia de solicitude de praza para o próximo curso

OUTRA DOCUMENTACIÓN COMPLENTARIA SEGUNDO O CASO

  • Copia cotexada da tarxeta de demandante de emprego
  • Xustificante que acredite a condición de beneficiario de pensión (xubilación, viuvez, invalidez, non contributiva) ou prestación (RISGA, integración familiar, subsidio, axuda de inclusión ou emerxencia social, fillo a cargo, axuda a emigrantes retornados
  • Copia cotexada da sentencia ou convenio regulador no caso de separación ou divorcio legal
  • Certificado de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia
  • Acreditación de familia monoparental
  • Certificado de discapacidade
  • Certificado médico das enfermidades crónicas ou outras afeccións da unidade familiar ou, de ser o caso, informe dos servizos sociais acreditativo de dependencias

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal, que unha vez cuberto xerará a solicitude en PDF que deberá ser gardada para a súa presentación electrónica na sede electrónica.

Para a presentación das solicitudes, a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluíndo o DNI-e).

Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible a través da Sede electrónica da Deputación de Pontevedra.

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local
  • Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia
  • Decreto 329/2005, de 28 xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia

Volver
Rexistro electrónico
SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra