SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra

687338 Premios Provinciais á Xuventude

A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, pon en marcha a terceira convocatoria dos Premios Provinciais á Xuventude, co ánimo de promover o talento e o potencial da mocidade da nosa provincia.

Esta convocatoria está dirixida a mozas e mozos de idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos, nas modalidades de iniciativa social, iniciativa empresarial, contido dixital, traballo musical, traballo literario breve, fotografía, e deseño e moda.

A modalidade de educación en valores está dirixida aos centros de educación secundaria da provincia de Pontevedra en cuxos proxectos participen alumnas e alumnos de idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos.

Prazo de resolución: 6 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Cohesión Social e Xuventude

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 2 de abril de 2019 ata o 1 de xullo de 2019

Poderán optar a estes premios as persoas físicas e xurídicas que cumpran cos seguintes requisitos, segundo a categoría do premio ao que se opte:

Persoas físicas (para todas as categorías excepto a 4)

  • Ter unha idade comprendida entre os 16 e os 35 anos na data de presentación da solicitude
  • Estar empadroadas en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra
  • Para as categorías 1 e 2 o proxecto deberá levar en funcionamento polo menos 6 meses no momento da convocatoria destes premios
  • Para a categoría 5, non ter contrato discográfico en vigor

Persoas xurídicas (para as categorías 1 e 2)

  • Ter a sede social na provincia de Pontevedra
  • Que polo menos o 75 % dos membros da xunta directiva e/ou que polo menos o 75 % das súas socias e socios sexan persoas físicas con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos
  • Estar legalmente constituída e inscrita no rexistro de entidades correspondente
  • Que o proxecto leve en funcionamento polo menos 6 meses no momento da convocatoria destes premios

Centro docente (para a categoría 4)

  • Centros de educación secundaria da provincia de Pontevedra

Grupo musical (para a categoría 5)

  • Que as persoas que o integran teñan idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos (admitirase a inscrición de grupos nos que polo menos o 75 % dos seus membros cumpran este requisito)
  • Estar empadroadas na provincia de Pontevedra (polo menos o 75 % dos seus membros)
  • Non ter contrato discográfico en vigor

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación, segundo corresponda:

Para todas as solicitudes

  • Modelo de solicitude cuberto (anexo I)

Persoa física

  • En caso de optar á categoría 2 (iniciativa empresarial), a documentación que acredite a alta no réxime especial de traballadoras e traballadores autónomos
  • En caso de optar á categoría 5 (traballo musical), no caso de grupos, modelo normalizado de autorización para a comprobación de datos (anexo II) debidamente cuberto de todas e todos os integrantes do grupo

Persoa xurídica

— En caso de optar á categoría 2 (iniciativa empresarial):

  • Modelo normalizado de autorización para a comprobación de datos (anexo II) debidamente cuberto de todas as persoas socias
  • Copia da escritura de constitución da sociedade e dos seus estatutos
  • Copia do certificado de inscrición no Rexistro Mercantil

— En caso de optar á categoría 1 (iniciativa social):

  • Modelo normalizado de autorización para a comprobación de datos (anexo II) debidamente cuberto de todos os membros da xunta directiva
  • Copia dos estatutos da entidade
  • Copia do certificado de inscrición no rexistro correspondente

— Centro educativo que opte á categoría 4 (educación en valores):

  • Certificado emitido pola Secretaría do centro que acredite o persoal docente que participou no desenvolvemento da iniciativa, no que se especifiquen nome, apelidos e NIF de cada docente participante, así como do alumnado que traballase no proxecto

As persoas interesadas en participar poderán preinscribirse cubrindo o formulario normalizado, dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal), que, unha vez cuberto, xerará a solicitude en PDF que se deberá gardar para presentar na sede electrónica.

Para a presentación das solicitudes, a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).

Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado, dispoñible en https://sede.depo.gal, que, unha vez cuberto, xerará a solicitude en PDF que deberá imprimirse e asinarse para a súa presentación presencial.

<<Formulario de solicitude (Anexo I)>>

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local

Volver