SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

687338 Premios Provinciais á Xuventude

A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, pon en marcha a quinta edición dos Premios Provinciais á Xuventude, coa finalidade de promover o talento e o potencial da mocidade da nosa provincia, deste xeito, preténdese estimular e recoñecer a traxectoria, o esforzo e o compromiso daquelas persoas mozas que desenrolaran unha labor relevante nos distintos eidos obxecto desta convocatoria.

Prazo de resolución: 3 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Cohesión Social e Xuventude.

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 22 de marzo de 2021 ata o 18 de xuño de 2021.

.

Esta convocatoria está dirixida a xóvenes de idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos, en todas as categorías recollidas na base segunda, a excepción da modalidade de educación en valores, que está dirixida aos centros de educación secundaria da provincia de Pontevedra en cuxos proxectos participen alumnas e alumnos de idades comprendidas entre os 12 e los 18 anos.

Poderán optar a estes premios as persoas físicas e xurídicas que cumpran os seguintes requisitos, segundo a categoría do premio:

a) Persoas físicas (para todas as categorías excepto a 3.ª)

  • Ter unha idade comprendida entre os 16 e os 35 anos na data de presentación da solicitude
  • Estar empadroadas en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra
  • Para as categorías 1.ª e 2.ª, que o proxecto leve en funcionamento polo menos 1 mes no momento da convocatoria destes premios

b) Persoas xurídicas (para as categorías 1.ª e 2.ª)

  • Ter a sede social na provincia de Pontevedra
  • Que polo menos o 75 % dos membros (administradores/as, xunta directiva) sexan persoas físicas con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos
  • Estar legalmente constituídas e inscritas no rexistro de entidades correspondente
  • Que o proxecto leve en funcionamento polo menos 1 mes no momento da convocatoria destes premios

c) Centro docente (para a categoría 3.ª)

  • Centros de educación secundaria da provincia de Pontevedra

d) Grupo musical (para a categoría 5.ª)

  • Que as persoas que o integren teñan idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos (admitirase a inscrición de grupos nos que polo menos o 75 % dos seus membros cumpran este requisito)
  • Que as persoas que o integren estean empadroadas na provincia de Pontevedra (polo menos o 75 % dos seus membros)

A participación supón a aceptación total das condicións fixadas nestas bases, e só a Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, está facultada para dirimir calquera controversia derivada da súa interpretación.

A institución provincial queda eximida de calquera responsabilidade derivada do plaxio ou de calquera outra transgresión da lexislación vixente relacionada coa propiedade intelectual na que poidan incorrer as persoas participantes.

As persoas interesadas deberán entregar coa solicitude a seguinte documentación, segundo corresponda:

— Se se opta á categoría 5.ª (traballo musical), para grupos, modelo normalizado de autorización para a comprobación de datos (anexo II) debidamente cuberto e asinado por todo as persoas integrantes do grupo

Persoas xurídicas:

— Se se opta á categoría 1.ª (iniciativa social):

• Modelo normalizado de autorización para a comprobación de datos (anexo II) debidamente cuberto e asinado por todos os membros da xunta directiva

• Copia dos estatutos da entidade

— Copia do certificado de inscrición no rexistro correspondente

— Se se opta á categoría 2.ª (iniciativa empresarial):

• Modelo normalizado de autorización para a comprobación de datos (anexo II) debidamente cuberto e asinado por todas as persoas socias

• Copia da escritura de constitución da sociedade e dos seus estatutos

— Copia do certificado de inscrición no Rexistro mercantil (…)”

As solicitudes presentaranse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal

Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).

Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra que, unha vez cuberto, xerará a solicitude en formato PDF, que se deberá imprimir e asinar para a súa presentación presencial.

Outra normativa de referencia

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.