Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra
Volver
Rexistro electrónico

2083061 Programa de fomento da empregabilidade na provincia de Pontevedra "O teu primeiro emprego" en empresas e corporacións sectoriais

Plan de fomento da empregabilidade na provincia de Pontevedra denominado “O teu primeiro emprego” que ten por finalidade facilitarlles ás e aos titulados universitarios e de ciclos superiores de formación profesional o acceso, dentro da provincia, a un primeiro emprego adecuado ao nivel de estudos cursados, para adquirir experiencia profesional e facilitar a súa futura inserción no mercado laboral.

O programa “O teu primeiro emprego” nas empresas e corporacións sectoriais da provincia de Pontevedra desenvolverase en dúas fases:

a) Primeira, de selección das entidades colaboradoras e de determinación das titulacións dos postos de traballo a desempeñar baixo a modalidade de contrato en prácticas

b) Segunda, de selección das persoas beneficiarias das contratacións en prácticas

Prazo de resolución: 6 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Promoción de Emprego e desenvolvemento local

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 1 de abril de 2019 ata o 29 de abril de 2019

Poderán ser entidades colaboradoras das axudas ou subvencións previstas neste programa as pequenas e medianas empresas e as microempresas, en calquera das modalidades xurídicas existentes, atendendo á definición establecida pola Comisión Europea (Recomendación 2003/361/CE de 6 de maio), o empresariado individual e as e os profesionais, as comunidades de bens e as corporacións sectoriais que dispoñan de capacidade técnica e de xestión suficiente para a execución dos correspondentes proxectos e que non incorran nas circunstancias establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS).

Na data de publicación da convocatoria deberán reunir os seguintes requisitos:

  1. Ter o seu domicilio fiscal en calquera concello da provincia de Pontevedra
  2. Estar legalmente constituídas e ter iniciada a súa actividade
  3. A actividade da entidade, definida nos seus estatutos, ten que estar relacionada co perfil profesional da persoa contratada
  4. Estar ao corrente no cumprimento dos seus deberes coa Axencia Tributaria, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra desde a data de presentación da súa solicitude de subvención
  5. Non estar nin ter estado incursas nun expediente de regulación ou despido improcedente nin en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG), nos últimos 5 anos anteriores á data de publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

Para a consideración como organizacións non gobernamentais atenderase á inscrición no RUEPSS como asociacións sen ánimo de lucro que desenvolvan programas ou sexan titulares ou xestoras de centros ou programas de servizos sociais.

As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

  • Acreditación do cargo e representación (anexo II) no caso de actuar por medio de representante. A acreditación do cargo poderá realizarse por calquera medio válido en dereito.
  • Memoria-proxecto na que, ademais das tarefas que se van realizar, se especificará o posto que se vai ocupar, a titulación requirida, que deberá ser acorde á actividade que se vaia desenvolver, e a duración do contrato.
  • Para as entidades que estean obrigadas a inscribirse no Rexistro Mercantil nota simple informativa deste referente aos datos actualizados sobre a denominación social, domicilio social, obxecto social e órganos de administración da entidade.
  • No caso de persoas traballadoras autónomas, certificado de situación no censo de actividades económicas da AEAT.
  • Identificación do persoal técnico da entidade que actuará como persoa titora e que se encargará da formación práctica e da supervisión e apoio técnico á persoa contratada, acreditando a súa cualificación para levar a cabo este labor mediante a presentación de documento xustificativo (copia da titulación, contrato de traballo ou cargo na empresa que deberá estar en relación co obxecto do contrato).
  • As retribucións salariais brutas das e dos traballadores que se van contratar a través deste plan, en cómputo mensual, desagregadas por conceptos, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias e as cotizacións empresariais á Seguridade Social, con referencia da publicación oficial do convenio colectivo que resulte de aplicación, acompañando as táboas salariais vixentes no momento da solicitude. En caso de non existir convenio, terase como referencia a táboa salarial do mesmo ou equivalente posto e, en caso de non existir este, o que resulte polo convenio colectivo de oficinas e despachos. Neste caso faranse constar tales circunstancias nunha declaración xurada.

As solicitudes presentaranse preferentemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).

A presentación electrónica será obrigatoria para: as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria e as persoas representantes dunha das anteriores.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que se realizase a emenda.

Para a presentación das solicitudes, a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).

Opcionalmente, aquelas persoas solicitantes non obrigadas á presentación electrónica poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible a través da sede electrónica da Deputación de Pontevedra.

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local

Volver
Rexistro electrónico
SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra