687342 Axudas Básicas de Emerxencia nos servizos sociais comunitarios da Deputación de Pontevedra
Descrición
Dirixido a
Serán destinatarios destas axudas os concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia de Pontevedra a través dos seus servizos sociais comunitarios.
Non poderán ser beneficiarios destas os concellos que non estean ao corrente das obrigas tributarias para a percepción de axudas públicas coa Axencia Estatal Tributaria (AEAT), coa Facenda autonómica da Xunta de Galicia (ATRIGA) e/ou coa Seguridade Social, circunstancias que serán comprobadas nas condicións establecidas na base sexta.
Documentación requirida
As entidades interesadas deberán presentar a solicitude electrónica dispoñible na sede electrónica.
Como facelo
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).
Se algún dos concellos interesados presenta a súa solicitude presencialmente requiriráselle que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que se realizase a emenda.
Para a presentación das solicitudes, a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluíndo o DNI-e).