SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

687731 Cursos de español para persoas inmigrantes para a preparación do DELE A2

O artigo 2 da Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, defínense os servizos sociais como un conxunto coordinado de prestacións, programas e equipamentos destinados a garantir a igualdade de oportunidades no acceso á calidade de vida e á participación social de toda a poboación galega mediante intervencións que permitan lograr os obxectivos marcados nesta lei.

Con ese fin, a Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, pon en marcha distintas accións e programas dirixidos a entidades, a asociacións e á cidadanía para garantir os principios establecidos na lei.

A través do presente procedemento xestionase a inscricción nos cursos de Español para Persoas Inmigrantes, promovidos pola Deputación de Pontevedra, para a preparación do DELE (Diploma de Español como Lingua Estranxeira) do nivel A2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER) expedido polo Instituto Cervantes.

O número de prazas por curso será de vinte (20) na 1. ª e na 2.ª edición e de quince (15) na 3.ª (55 en total). Unha vez cuberta a totalidade das prazas, establecerase unha lista de espera de acordo cos criterios establecidos na base décimo terceira desta convocatoria.

Para que se desenvolvan os cursos estes deberán contar, como mínimo, con seis (6) alumnas e alumnos por edición.

Prazo de resolución: 3 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Cohesión Social e Xuventude

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 12 de abril de 2021 ata o 30 de abril de 2021

As persoas destinatarias son inmigrantes en situación administrativa regular, maiores de 16 anos, que precisan preparar o exame do DELE A2 para obter a nacionalidade española.

Daráselles prioridade ás persoas que se atopen preparando ou preparasen as probas do exame de certificación do nivel A2 a través dunha entidade de iniciativa social, rexistrada como entidade prestadora de servizos sociais no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) da Xunta de Galicia (Decreto 254/11, de 23 de decembro, publicado no DOG do 20 de xaneiro de 2012) ou a través dalgunha Administración pública.

Os requisitos das persoas participantes serán:

— Presentarse ao exame do DELE A2 para obter a nacionalidade española

— Ser maiores de 16 anos

— Estar empadroadas nun concello da provincia de Pontevedra

— Atoparse en situación administrativa regular en España

— Non contar cunha dispensa do Ministerio de Xustiza para realizar a proba do DELE A2

— Saber ler e escribir

— Ter coñecementos básicos da lingua española. O nivel do curso será o A2 do MCER

As persoas interesadas deberán entregar coa solicitude a seguinte documentación, segundo corresponda:

  • Tarxeta de identificación de estranxeiría (TIE) ou certificado de rexistro de cidadá ou cidadán da Unión no que conste o NIE
  • No seu caso, informe da entidade de iniciativa social, rexistrada como entidade prestadora de servizos sociais no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) da Xunta de Galicia, na que se atopen preparando ou estivesen preparando as probas do exame de certificación do nivel A2 a través do modelo normalizado (anexo I), asinado pola técnica ou técnico da entidade responsable do programa, ou, na súa falta, certificación, informe da mediadora ou mediador cultural ou informe social emitido por unha Administración pública onde se realizou ou se estea realizando a formación oportuna.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal)

Para a presentación das solicitudes a Sede electrónica admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).

Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado dispoñible en (https://sede.depo.gal)

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local
  • Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia