Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra
Volver
Rexistro electrónico

687731 Cursos de español para persoas inmigrantes para a preparación do DELE A2

No artigo 2 da Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, defínense os servizos sociais como un conxunto coordinado de prestacións, programas e equipamentos destinados a garantir a igualdade de oportunidades no acceso á calidade de vida e á participación social de toda a poboación galega mediante intervencións que permitan o logro dos obxectivos marcados nesta lei.

A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, pon en marcha distintas accións e programas dirixidos a entidades, asociacións e á cidadanía para garantir os principios establecidos pola lei.

Deste xeito, a través deste procedemento poderase solicitar cursos de español para persoas inmigrantes para a preparación do DELE A2.

Prazo de resolución: 1 mes

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Cohesión Social e Xuventude

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 2 de abril de 2019 ata o 24 de abril de 2019

Persoas inmigrantes en situación administrativa regular, maiores de 16 anos, que necesitan preparar o exame do DELE A2 para a obtención da nacionalidade española.

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación, segundo corresponda:

  • Modelo de solicitude cuberto (anexo I)
  • De ser o caso, informe da entidade de iniciativa social no modelo normalizado (anexo II), asinado pola persoa técnica da entidade responsable do programa

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal, achegando o formulario de solicitude en PDF que deberá ser gardado para a súa presentación electrónica na sede electrónica.

Para a presentación das solicitudes, a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluíndo o DNI-e).

Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible a través da Sede electrónica da Deputación de Pontevedra.

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local
  • Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia

Volver
Rexistro electrónico
SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra