SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra

2083187 Solicitude de participación nos campamentos polideportivos de Príncipe Felipe

A institución provincial, co obxecto de promover e fomentar o desenvolvemento persoal e social das e dos rapaces que favoreza á vez a súa comunicación e o seu dinamismo multicultural, oferta para o ano 2019 os “Campamentos polideportivos Príncipe Felipe”, un proxecto lúdico e educativo que inclúe a programación e o desenvolvemento de actividades relacionadas coa natureza, os deportes, o aire libre, os xogos e calquera outra que contribúa a ese obxectivo. Este programa oferta 300 prazas distribuídas en 6 quendas de campamentos de 6 días de duración cada unha, que se desenvolverán entre os meses de xullo e agosto.

Prazo de resolución: 3 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Deportes

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 26 de marzo de 2019 ata o 15 de abril de 2019

Nesta convocatoria poderán participar nenas e nenos que cumpran os seguintes requisitos:

  • Ter nacido entre os anos 2005 e 2012 (ambos os dous incluídos)
  • Estar empadroadas ou empadroados na provincia de Pontevedra
  • Non padecer ningunha enfermidade infecto-contaxiosa en fase activa

Estes requisitos serán condición necesaria para a admisión da solicitude.

No caso de menores que precisen un apoio específico derivado dalgún tipo de diversidade funcional ou doutra patoloxía, esta circunstancia deberá facerse constar no “cuestionario de saúde e autonomía persoal”, detallando do xeito máis preciso posible as súas necesidades.

As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

  • Modelo de solicitude normalizado cuberto e cuestionario de saúde e autonomía persoal, que figura coa solicitude, con todos os puntos debidamente cubertos e asinado
  • Libro de familia no caso de que as persoas menores solicitantes non dispoñan de DNI ou NIE
  • No caso de menores estranxeiras ou estranxeiros, copia compulsada do permiso legal de residencia ou documento análogo
  • Acreditación de familia numerosa (se se acolle ao desconto do prezo establecido nas bases)
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria ou do seguro médico privado da ou do menor
  • Se é o caso, certificado acreditativo do grao de discapacidade e copia do ditame médico facultativo emitido polo equipo de valoración e orientación (EVO) correspondente
  • Certificado expedido pola Dirección do CPF que acredite que durante o período 2019-2020 a ou o menor está en situación de internamento

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado, dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal), que unha vez cuberto xerará a solicitude en PDF que deberá gardarse para a súa presentación na antedita sede electrónica.

Para a presentación das solicitudes, a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluíndo o DNI-e).

Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible en https://sede.depo.gal, que unha vez cuberto xerará a solicitude en PDF, que deberá imprimirse e asinarse para a súa presentación.

As solicitudes deberán estar asinadas por unha ou un dos proxenitores ou pola titora ou titor. A ou o proxenitor que formaliza a solicitude declara responsablemente que conta co consentimento para a participación na actividade da nai ou pai non solicitante.

Se as irmás ou irmáns queren ir en quendas separadas deberase cubrir unha solicitude por cada nena ou neno. Neste caso hai que ter en conta que entrarían por separado no sorteo pero non se pode asegurar que, de conseguiren praza, saian en quendas separadas.

<< Formulario de solicitude (Anexo I y II)>>

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local

Volver