SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

288331 Subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para actuacións no ámbito social

Descrición

Procedemento de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a entidades sen fins de lucro para actuacións no ámbito social, para o desenvolvemento, na provincia de Pontevedra, de actuacións de atención especializada dirixidas a persoas en situación de especial vulnerabilidade orientadas a prestarlles asistencia, acadar a súa integración social e laboral e a promoción do seu benestar.

As actuacións subvencionables presentarán a seguintes características:

  1. Estar dirixidas a colectivos que polas súas circunstancias persoais, psíquicas, físicas, socioeconómicas e calquera outra de natureza análoga, se atopen en situación de desvantaxe e vulnerabilidade social.
  2. Realizarse na provincia de Pontevedra durante o ano 2021 e rematar o 31 de decembro dese ano.
  3. Excluiranse as actuacións cuxa finalidade sexa a consecución da igualdade entre mulleres e homes e a loita contra a violencia machista ao existir nesta institución provincial unha convocatoria específica neste eido.
  4. Excluiranse as solicitudes das entidades que resulten beneficiarias de subvencións de concesión directa do Servizo de Cohesión Social e Xuventude contempladas no orzamento do exercicio 2021.

As subvencións concederanse atendendo aos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade, non discriminación e eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados ao establecelas e de eficiencia na asignación dos recursos públicos.

Prazo de resolución: 6 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Cohesión Social e Xuventude

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 2 de febreiro de 2021 ata o 22 de febreiro de 2021

Poderán beneficiarse destas subvencións as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que cumpran os seguintes requisitos:

  • Estar inscritas no Rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais da Xunta de Galicia (RUEPSS), recollido no Decreto 254/2011, de 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección dos servizos sociais de Galicia, publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG), de 20 de xaneiro de 2012.
  • Carecer de fins de lucro.
  • Ter a súa razón social ou unha delegación na provincia de Pontevedra.
  • Non estar incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas e non incorrer en ningún dos casos de prohibición para percibir subvencións recollidos na lei.
  • Estar ao corrente coas obrigas coa Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda autonómica, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra.

Só se poderá conceder unha subvención por entidade no ámbito desta convocatoria.

As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

  • Proxecto descritivo da actividade para a que se solicita a subvención segundo o establecido no formulario de solicitude. A non presentación do proxecto segundo o establecido constituirá un defecto non emendable e comportará a inadmisión a trámite da solicitude.
  • Escritura de constitución da asociación ou entidade.
  • Descrición das actividades da memoria da entidade desenvolvidas durante o exercicio anterior e previsión para o ano en curso.
  • Cando se contraten servizos profesionais con terceiras persoas, e non se trate de contratación laboral de persoal directo para a realización da actividade, deberase presentar o orzamento desta contratación. Se esta supera os 3.000,00 euros haberá que presentar tres orzamentos distintos co obxecto de comprobar que se axustan aos prezos de mercado.
  • Calquera outra documentación acreditativa das circunstancias que se poidan ter en conta na fase de valoración.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal), de acordo co establecido nos artigos 14.2 e 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para a presentación das solicitudes a Sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNI-e).

Outra normativa de referencia:
  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
  • Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.
  • Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.
  • Ordenanza reguladora de subvencións da Deputación de Pontevedra.