SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra

288331 Subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para actuacións no ámbito dos servizos sociais, sociosanitarios e da xuventude

Procedemento de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas a entidades e asociacións de carácter social sen fins de lucro para a realización de actividades na área dos servizos sociais, sociosanitarios e da mocidade na provincia de Pontevedra, dentro dos niveis de actuación que se establecen LSSG e cumprindo os requisitos que se indican nas bases correspondentes.

As subvencións concederanse atendendo aos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade, non discriminación e eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados ao establecelas e de eficiencia na asignación dos recursos públicos.

Prazo de resolución: 6 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Cohesión Social e Xuventude

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 20 de marzo de 2019 ata o 9 de abril de 2019

Poderán obter a condición de beneficiarias as entidades sen fins de lucro que realicen as súas actividades de acordo co establecido na cláusula segunda das bases reguladoras, que soliciten unha única subvención con cargo a esta convocatoria e reúnan, cando finalice o prazo de presentación de solicitudes, os seguintes requisitos:

  • Estar legalmente constituídas como entidades de iniciativa social
  • Ter o domicilio fiscal, sede, delegación ou oficina na provincia de Pontevedra e acreditar que as actividades obxecto da subvención se realizarán no ámbito territorial da provincia
  • Estar ao corrente das súas obrigas coa Facenda pública, coa Deputación e coa Tesourería Xeral da Seguridade Social
  • Non estar incursas en ningunha das causas de incompatibilidade ou de incapacidade para ser beneficiarias ou percibir as subvencións da Administración pública previstas no artigo 13 da LXS
  • Carecer de fins de lucro
  • Acreditar que os seus fins e actividades sociais coinciden coa finalidade da convocatoria e co contido do proxecto presentado
  • Estar rexistradas como entidades prestadoras de servizos sociais no Rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais da Xunta de Galicia (RUEPSS), segundo o decreto 254/11, de 23 de decembro, publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) de 20 de xaneiro de 2012

No caso dos centros especiais de emprego sen fins de lucro deberán estar inscritos no Rexistro de centros especiais de emprego da Xunta de Galicia.

No caso dos programas, centros de atención á infancia e a menores en situación de conflito ou desamparo e dos servizos complementarios regulados polo Decreto 329/2005, de 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia, ludotecas, puntos de encontro familiar, centros de atención ás persoas maiores, con discapacidade e dependencia, centros residenciais para mulleres vítimas de malos tratos, centros de inclusión e emerxencia social e programas de axuda no fogar, tal e como se contempla na disposición transitoria primeira do Decreto 254/2011, de 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección dos servizos sociais en Galicia, deberán contar coa correspondente autorización da Xunta de Galicia ou solicitala con anterioridade á finalización do prazo de presentación de solicitudes. En caso de subcontratación do programa ou servizo a entidade que o execute deberá contar tamén con esta autorización.

As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación, segundo corresponda:

  • Proxecto descritivo de actividade, segundo as pautas establecidas na base décimo primeira da convocatoria. A non presentación deste documento xunto coa solicitude constituirá un defecto non emendable e comportará a inadmisión a trámite da solicitude
  • Xustificante dos datos actualizados da inscrición no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Xunta de Galicia
  • Memoria xeral explicativa das características substanciais da entidade solicitante para valorar a súa capacidade, que inclúa un organigrama, información sobre as persoas socias, as actividades realizadas no último ano e a previsión das actuacións do ano en curso
  • Orzamento detallado do proxecto obxecto de subvención segundo o modelo normalizado (Anexo II)
  • Se a entidade posúe certificados de calidade vixentes (ISO, EFQM, SGSI etc.), premios ou o certificado de declaración de entidade de utilidade pública, deberán acreditarse documentalmente e aportarse xunto coa solicitude da subvención
  • No seu caso, documentación acreditativa da coordinación e/ou colaboración con outras entidades de iniciativa social, servizos sociais comunitarios e/ou outras administracións públicas (convenios de colaboración, acordos, certificacións, etc.)
  • No seu caso, acreditación da inscrición no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).

Para a presentación das solicitudes, a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluíndo o DNI-e).

Outra normativa de referencia:
  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local
  • Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia

Volver