2083101 Solicitude de praza no centro de día do Centro Príncipe Felipe
Descrición
Dirixido a
Serán requisitos imprescindibles para ser adxudicataria ou adxudicatario da praza:
Que a persoa menor para a que se solicita praza estea empadroada nalgún dos concellos da provincia de Pontevedra.
Que a persoa menor para a que se solicita praza proceda de familias que, debido a dificultades específicas de carácter económico-social, necesiten dun apoio diario e puntual para completar a formación e a atención das súas fillas e fillos.
Que a persoa menor para a que se solicita praza cumpra as seguintes condicións de idade:
Ter como mínimo 4 meses no momento do ingreso
Ser menor de 16 anos no momento do ingreso
O límite máximo de idade establecido no punto anterior poderá flexibilizarse, ampliándoo ata os 18 anos, nos casos de renovación, para os efectos de remate de estudos iniciados ou de formación laboral, sempre que a valoración efectuada polo equipo da unidade onde residiu a persoa menor con anterioridade sexa positiva. Esta flexibilización da idade máxima de admisión terá sempre carácter excepcional, unicamente lles afectará ás persoas que xa ocuparon unha praza na anterior convocatoria e estará condicionada á valoración positiva por parte do equipo de atención.
Documentación requirida
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación, segundo corresponda:
OBRIGATORIA PARA TODAS AS SOLICITUDES
Modelo de solicitude
Relación das persoas integrantes da unidade familiar e comprobación de datos (Anexo II)
Copia cotexada do libro de familia
Copia da certificación de retencións e ingresos a conta correspondentes o ano 2018 emitido pola Administración Tributaria, para os efectos da valoración da solicitude segundo o previsto na base duodécima, onde se determina se a atención é de carácter básico ou integral
Certificado de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, no caso de que sexa de aplicación
OUTRA DOCUMENTACIÓN COMPLENTARIA SEGUNDO O CASO
Acreditación de familia monoparental
Certificado acreditativo de discapacidade
Certificado médico no caso de enfermidades crónicas ou outras afeccións da unidade familiar ou, de ser o caso, informe dos servizos sociais acreditativo de dependencias
Informe da unidade de saúde mental sobre o/a menor
Xustificacións de pensións (xubilación, invalidez, viuvez, non contributivas, etc.)
Xustificación de prestacións sociais (RISGA, integración familiar, subsidios, axuda de emerxencia social, prestación por filla/o a cargo, axudas a inmigrantes retornados, etc.)
Informe dos servicios sociais do Concellos correspondente
Como facelo
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal, que unha vez cuberto xerará a solicitude en PDF que deberá ser gardada para a súa presentación electrónica na sede electrónica.
Para a presentación das solicitudes, a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluíndo o DNI-e).
Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible a través da Sede electrónica da Deputación de Pontevedra.