1017802 Solicitude de subvencións previstas nominativamente nos orzamentos da Deputación de Pontevedra [Artigo 22.2.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións]
Poderán solicitar estas subvencións as entidades que reúnan os seguintes requisitos:
Que a petición entre dentro do suposto previsto no artigo 22.2 a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, para a concesión directa de subvencións nominativas previstas nos orzamentos da Deputación de Pontevedr
Non estar incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir subvencións pública
Non estar incursas en ningunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na le
Estar ao corrente coas obrigas tributarias coa Seguridade Social, coa Facenda autonómica e coa Deputación de Pontevedra
Documentación requirida
As entidades solicitantes deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
Memoria explicativa da actividade ou actividades a desenvolver correctamente asinada, na que se deberá incluir un organigrama da entidade solicitante, así como os membros da súa xunta directiva
Orzamento de gastos e ingresos da actividade ou actividades correctamente asinada
Aqueloutra documentación solicitada polo órgano ou servizo concedente
Como facelo
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal.
Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da institución provincial admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNI-e).
Normativa
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local