Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra
Volver
Rexistro electrónico

1017802 Solicitude de subvencións previstas nominativamente nos orzamentos da Deputación de Pontevedra [Artigo 22.2.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións]

Segundo o artigo 22.2 a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, poderán concederse de forma directa as subvencións previstas nominativamente nos orzamentos das entidades locais, nos termos recolleitos nos convenios e na normativa reguladora destas subvencións.

A efectos do establecido no parágrafo anterior, enténdese por subvención prevista nominativamente nos orzamentos aquela en que polo menos a súa dotación orzamentaria e beneficiario aparezan determinados nos estados de gasto do orzamento.

O obxecto destas subvencións quedará determinado expresamente no correspondente convenio de colaboración ou resolución de concesión que, en todo caso, deberá ser congruente coa clasificación funcional e económica do correspondente crédito orzamentario.

En consecuencia, a Deputación de Pontevedra publica o modelo de solicitude de subvencións de concesión directa previstas nominativamente nos orzamentos da Deputación de Pontevedra.

Prazo de resolución: 6 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Deputación de Pontevedra

Prazos para o seu inicio e finalización: Aberto todo o ano

Poderán solicitar estas subvencións as entidades que reúnan os seguintes requisitos:

  • Que a petición entre dentro do suposto previsto no artigo 22.2 a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, para a concesión directa de subvencións nominativas previstas nos orzamentos da Deputación de Pontevedr
  • Non estar incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir subvencións pública
  • Non estar incursas en ningunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na le
  • Estar ao corrente coas obrigas tributarias coa Seguridade Social, coa Facenda autonómica e coa Deputación de Pontevedra

As entidades solicitantes deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

  • Memoria explicativa da actividade ou actividades a desenvolver correctamente asinada, na que se deberá incluir un organigrama da entidade solicitante, así como os membros da súa xunta directiva
  • Orzamento de gastos e ingresos da actividade ou actividades correctamente asinada
  • Aqueloutra documentación solicitada polo órgano ou servizo concedente

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal.

Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da institución provincial admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNI-e).

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local

Volver
Rexistro electrónico
SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra