SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra

716003 Subvencións a entidades sen fins de lucro para apoiar o desenvolvemento de festivais musicais e de artes escénicas na provincia de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra, dentro do seu obxectivo xenérico de promover e fomentar a cultura galega nas súas múltiples e variadas expresións artísticas, co fin de impulsar os sectores das artes escénicas e das artes musicais na provincia de Pontevedra, establece as bases reguladoras de concesión de subvencións públicas destinadas a promover, fomentar e difundir as actividades teatrais e musicais que se levan a cabo no seu ámbito territorial, por considerar que se trata de elementos claves da creatividade artística e da dinamización cultural da nosa provincia, co fin de contribuír á promoción, protección e difusión do patrimonio cultural do teatro e a música.

En consecuencia, a Deputación de Pontevedra aproba a convocatoria de concesión de axudas para apoiar o desenvolvemento e a organización de festivais e certames de artes escénicas e de música na provincia de Pontevedra durante o Ano da Música 2019, que se leven a cabo entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2019.

Prazo de resolución: 6 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Cultura e Lingua

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 22 de febreiro de 2019 ata o 15 de marzo de 2019

Poderán solicitar estas subvencións as entidades que reúnan os seguintes requisitos:

  • Carecer de fins de lucro (o que acreditarán cunha declaración responsable da persoa representante)
  • Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial da provincia de Pontevedra
  • Non estar incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir subvencións públicas
  • Non estar incursas en ningunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei
  • Estar ao corrente coas obrigas tributarias coa Seguridade Social, coa Facenda autonómica e coa Deputación de Pontevedra

As entidades solicitantes deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

                  a) Memoria completa e detallada do proxecto para o que se solicita a subvención asinada pola persoa representante e que achegue os datos solicitados para este, que se axustarán aos criterios de valoración especificados na letra b) da base décima.

No caso de acreditar a presenza de máis de 15 compoñentes galegos, fotocopias cotexadas dos seus DNI ou certificados de empadroamento

                  b) Orzamento detallado e totalizado da actividade obxecto da subvención (incluíndo as cantidades, os prezos unitarios e o IVE detallado) asinado pola persoa representante no cal figuren todos os gastos subvencionables sinalados na base décimo cuarta, xunto coa previsión de ingresos

                  c) Memoria da última edición do festival asinada pola persoa representante na cal se detallen a súa antigüidade e as especificacións axustadas aos criterios de valoración que aparecen na letra a) da base décima. Con esta memoria achegarase unha declaración responsable sobre a veracidade da información, que a Deputación de Pontevedra poderá comprobar en calquera momento.

                  d) Dossier de prensa da última edición do festival.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal.

Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da institución provincial admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNI-e).

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local