SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

715885 Subvencións a entidades sen fins de lucro para o apoio ao desenvolvemento de festivais audiovisuais na provincia de Pontevedra

Axudas económicas para a organización de festivais ou certames cinematográficos de prestixio que teñan lugar na provincia de Pontevedra e que lles dediquen unha especial atención á programación e difusión do cine galego e ás demais variantes lingüísticas de produción.

A xestión deste programa realizarase de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia e igualdade

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados por esta Administración

c) Eficiencia na asignación de efectivos e na utilización de recursos públicos

A concesión das axudas, de acordo co establecido no punto anterior, efectuarase mediante o procedemento de concorrencia competitiva establecido no artigo 22.1 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS).

Prazo de resolución: 6 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Cultura

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 24 de febreiro de 2021 ata o 25 de marzo de 2021

Poderán solicitar estas subvencións as entidades que reúnan os seguintes requisitos:

• Carecer de fins de lucro

• Desenvolver a actividade principal no ámbito territorial da provincia de Pontevedra

• Non estar incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir subvencións públicas

• Non estar incursas en ningunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei

• Estar ao corrente coas obrigas tributarias coa Seguridade Social, coa Facenda estatal, coa autonómica e coa Deputación de Pontevedra

Cada entidade pode presentar unha única solicitude para optar a esta convocatoria, na que se indicará a actividade concreta que se vai realizar, achegando a seguinte documentación:

a) Memoria completa e detallada do proxecto para o que se solicita a subvención na que se acheguen os datos solicitados para este, que se axustarán e detallarán seguindo os criterios e a orde de valoración especificados na letra B da base décima.

b) Memoria completa e detallada da última edición do festival na que se acheguen os datos solicitados para este, que se axustarán e detallarán seguindo os criterios e a orde de valoración especificados na letra C da base décima. Esta memoria acompañarase dunha declaración responsable sobre a veracidade da información, que a Deputación de Pontevedra poderá comprobar en calquera momento.

Dada excepcionalidade xerada pola COVID-19 na organización e posta en marcha dos festivais audiovisuais da provincia, poderanse achegar as memorias dos festivais das edicións dos anos 2019 ou 2020, segundo mellor o consideren

c) Dossier de prensa da última edición do festival

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal), de acordo co establecido nos artigos 14.2 e 16 da LPACAP.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial requiriráselle que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que se realizase a emenda.

Para a presentación das solicitudes a Sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local