Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra
Volver

715885 Subvencións a entidades sen fins de lucro para o apoio ao desenvolvemento de festivais audiovisuais na provincia de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra quere impulsar un novo marco de actuación cultural baseado nas seguintes premisas:

                  1.—O pulo do sector audiovisual galego, considerado como estratéxico para a comunidade e a nosa provincia

                  2.—A consolidación de industrias audiovisuais competitivas, con posibilidades de exportar e darlle rendibilidade social e económica á cultura galega

                  3.—A busca da excelencia nos produtos culturais galegos, coa posta en valor da cultura galega a través da creación e divulgación de produtos audiovisuais galegos

                  4.—O fomento de marcos e espazos expositivos para a promoción dos produtos audiovisuais galegos na provincia de Pontevedra

Esta convocatoria ten por obxecto regular as axudas para a organización de festivais ou certames cinematográficos de recoñecido prestixio que teñan lugar na provincia de Pontevedra e que lles dediquen unha especial atención á programación e difusión do cine galego e ás demais variantes lingüísticas de produción.

Prazo de resolución: 6 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Cultura e Lingua

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 21 de febreiro de 2019 ata o 8 de marzo de 2019.

Poderán solicitar estas subvencións as entidades que reúnan os seguintes requisitos:

  • Carecer de fins de lucro (o que acreditarán cunha declaración responsable da persoa representante)
  • Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial da provincia de Pontevedra
  • Non estar incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir subvencións públicas
  • Non estar incursas en ningunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei
  • Estar ao corrente coas obrigas tributarias coa Seguridade Social, coa Facenda autonómica e coa Deputación de Pontevedra

As entidades solicitantes deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

                  a) Certificado de estar dada de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual

                  b) Memoria completa e detallada do proxecto para o que se solicita a subvención achegando os datos solicitados para este, que se axustarán aos criterios de valoración especificados na letra b) da base décima, asinada pola persoa representante

                  c) Orzamento detallado e totalizado da actividade obxecto da subvención (incluíndo as cantidades, os prezos unitarios e o IVE detallado) asinado pola persoa representante, no que figuren todos os gastos subvencionables sinalados na base décimo cuarta coa previsión de ingresos

                  d) Memoria da última edición do festival na que se detalle a súa antigüidade e as especificacións axustadas aos criterios de valoración que aparecen na letra a) da base décima, asinada pola persoa representante. Esta memoria acompañarase dunha declaración responsable sobre a veracidade da información, que a Deputación de Pontevedra poderá comprobar en calquera momento

                  e) Dossier de prensa da última edición do festival

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal.

Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da institución provincial admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNI-e).

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local

Volver
SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra