Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra
Volver

1997815 Solicitude de participación nas xornadas sobre control financieiro nas entidades locais

Xornadas sobre control financieiro nas entidades locais que se desenvolverán entre os días 22 e 29 de maio de 2019.

O número de prazas dispoñibles para as xornadas é de 40, polo que, se non se cubrisen todas, poderanse admitir empregadas e empregados públicos doutros grupos que desenvolvan funcións relacionadas co contido do programa.

Prazo de resolución: 10 días

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Asistencia Intermunicipal

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 19 de febreiro de 2019 ata o 13 de maio de 2019

Funcionariado da Administración local con habilitación de carácter nacional e, así mesmo, ao funcionariado da Administración local dos grupos A1 e A2 que desenvolvan funcións relacionadas co contido do programa nas entidades locais da provincia de Pontevedra.

As persoas solicitantes deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

  • Modelo de solicitude
  • Acreditación da súa condición de persoal empregado público e, no caso do persoal contratado laboral temporal, un documento acreditativo no que se especifique a data de inicio e de fin do contrato
  • Autorización previa da xefatura do centro directivo para a realización do curso

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal.

Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da institución provincial admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNI-e).

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local

Volver
SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra