SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra

360960 Subvencións a concellos da provincia de pontevedra de menos de 20.000 habitantes para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero

Procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións dirixidas aos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia de Pontevedra que desenvolvan proxectos, programas e actividades para a igualdade entre mulleres e homes e para a loita contra a violencia machista.

Prazo de resolución: 6 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Igualdade

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 14 de febreiro de 2019 ata o 13 de marzo de 2019

Poderán concorrer a esta convocatoria os concellos da provincia de Pontevedra de menos de 20.000 habitantes.

Para poder acceder ás subvencións as entidades deberán, na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes, cumprir as condicións e os requisitos establecidos nestas bases e na normativa xeral de subvencións.

Deberán estar ao corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria, coa Axencia Tributaria de Galicia, coa Seguridade Social e co organismo provincial; e non estar incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas nin incorrer en ningún dos casos de prohibición para percibir subvencións recollidos na lei.

As entidades solicitantes deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

  • Certificado do acordo ou resolución do órgano competente do concello mediante o cal se aproba a solicitude de subvención e o compromiso de financiar o importe dos custos necesarios para completar o orzamento previsto para a realización da actividade
  • Certificado da Secretaría do concello no que se indique a existencia ou non dun plan municipal de igualdade aprobado e en vigor ou da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero constituída e operativa, segundo o modelo normalizado (anexo II)
  • Proxecto explicativo e orzamento detallado das actuacións para as que se solicita a subvención asinados pola persoa representante do concello

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal.

Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da institución provincial admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNI-e).

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local