1998032 Subvencións a clubs deportivos da provincia de Pontevedra que participan en competicións federadas de ámtibo náutico nas modalidades de remo, vela e piragüismo
Descrición
Dirixido a
Poderán optar a estas subvencións os clubs deportivos federados que cumpran os seguintes requisitos:
Carecer de fins de lucro
Estar ao corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda galega, coa Seguridade Social e coa Deputación, e non ter obrigas ou incumprimentos pendentes, de calquera tipo e non só económicos, coa Deputación
Estar inscritos no Rexistro de entidades deportivas da Secretaría Xeral para o Deporte no ámbito territorial da provincia de Pontevedra
A modalidade practicada polos clubs deportivos federados debe estar implantada na provincia de Pontevedra
Non estar incursos en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas nin en ningunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei
Non poderán beneficiarse destas subvencións os clubs deportivos que teñan pendentes de xustificar subvencións concedidas no ano 2020 para o mesmo programa.
Documentación requirida
As entidades solicitantes deberán entregar coa solicitude a seguinte documentación:
Certificación expedida pola federación correspondente na que se detallen os criterios de valoración específicos e previstos na base décimo segunda (licenzas), segundo o modelo previsto no anexo I. Excepcionalmente, aqueles clubs de modalidades deportivas desenvolvidas durante o ano natural deberán presentar o certificado da federación correspondente ao ano 2021. Se non se pode presentar o mencionado certificado, a persoa representante legal do club deberá entregar unha declaración xurada cos datos especificados na base decimo segunda desta convocatoria para competir no referido ano; no momento da xustificación deberá presentar inescusablemente o certificado da federación correspondente.
Titulacións das e dos adestradores con licenza reflectida no certificado federativo: para que as licenzas das e dos adestradores sexan válidas deberán acompañarse das súas pertinentes titulacións.
Como facelo
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal), de acordo co establecido no artigo 14.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).
No caso de presentar a solicitude de forma presencial requiriráselle que a emende mediante a súa presentación electrónica. Para este efecto, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que se realizase a emenda.
Para a presentación das solicitudes a Sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).
Cada club poderá presentar unha única solicitude dunha modalidade deportiva concreta.