SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra

1998032 Subvencións a clubs deportivos da provincia de Pontevedra para o deporte náutico (remo/vela/piragüismo)

A través deste procedemento réxense as subvencións para o apoio a clubs deportivos federados de deporte náutico na temporada deportiva 2018-2019 e, no seu caso, na temporada 2019. Esta convocatoria destinada a clubs federados da provincia de Pontevedra ten como obxectivo específico apoiar a súa participación en ligas e competicións oficiais de ámbito provincial, autonómico ou nacional, convocadas por federacións deportivas galegas ou nacionais.

Deste xeito, preténdese colaborar coa iniciativa privada no cumprimento dos fins que lle son propios, co obxecto de fomentar a cohesión do territorio e a igualdade de oportunidades en materia de deportes, independentemente das condicións persoais de cada cidadá e cidadán e do lugar da provincia onde resida.

Prazo de resolución: 6 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Deportes

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 11 de febreiro de 2019 ata o 8 de marzo de 2019

Poderán optar a estas subvencións os clubs deportivos federados que compitan en categoría nacional e que cumpran os seguintes requisitos:

  • Carecer de fins de lucro
  • Estar ao corrente coas obrigas tributarias da Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda galega, coa Seguridade Social e coa Deputación, e non ter obrigas ou incumprimentos pendentes, de calquera tipo e non só económicos, coa Deputación
  • A modalidade practicada polos clubs deportivos federados ten que ter implantación na provincia de Pontevedra
  • Estar inscritos no Rexistro de asociacións deportivas da Secretaría Xeral para o Deporte
  • Non estar incursos en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas nin nalgunha das prohibicións para percibir subvencións recollida na lei

As entidades solicitantes deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

  • Orzamento estimativo de gastos subvencionables por esta convocatoria (base terceira), asinado e referido á modalidade deportiva correspondente á temporada 2018-2019 e, no caso dos clubs que participen en competicións de ano natural, á temporada 2019 (no caso dos clubs que marquen na solicitude que deducen o IVE deberán presentar os gastos sen o IVE).
  • Certificación expedida pola federación correspondente na que se detallen os criterios de valoración específicos e previstos no cadro da base 10.ª de las bases (excepto a memoria e o orzamento), segundo o modelo previsto no anexo II. Excepcionalmente, aqueles clubs de modalidades deportivas que se desenvolvan durante o ano natural deberán presentar o certificado da federación correspondente ao ano 2019. No caso de que non se poida presentar o mencionado certificado a persoa representante legal do club deberá achegar unha declaración xurada cos datos reflectidos na base 10.ª da convocatoria para competir no referido ano; no momento da xustificación deberá presentar inescusablemente o certificado da federación correspondente.
  • Memoria técnico-deportiva do club na que se especifiquen os resultados da temporada anterior (2018 ou 2017-2018) e os meses de duración da temporada actual no caso de non ser por ano natural.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal.

Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da institución provincial admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNI-e).

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local