Poderán optar a estas subvencións os clubs deportivos federados que, ademais de cumprir os requisitos estipulados na base primeira, cumpran os seguintes:
Carecer de fins de lucro
Estar ao corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda galega, coa Seguridade Social e coa Deputación, e non ter obrigas ou incumprimentos pendentes, de calquera tipo e non só económicos, coa Deputación
Estar inscritos no Rexistro de entidades deportivas da Secretaría Xeral para o Deporte no ámbito territorial da provincia de Pontevedra
A modalidade practicada polos clubs deportivos federados debe estar implantada na provincia de Pontevedra
Non estar incursos en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas nin en ningunha das prohibicións para percibir subvencións recollida na lei
Non poderán beneficiarse destas subvencións os clubs deportivos que teñan pendentes de xustificar subvencións concedidas no ano 2020 para o mesmo programa.
Documentación requirida
- Documentación obrigatoria a anexar (*)
Titulacións das adestradoras e adestradores con licenza indicada no certificado federativo: para que as licenzas das adestradoras/é sexan válidas deberán acompañarse das súas titulacións pertinentes.
Certificación expedida pola federación correspondente na que se detallen os criterios de valoración específicos e previstos na base decimosegunda (licenzas), e na que se certifique que o club compite en ámbito nacional cumprindo os requisitos da base primeira, segundo o modelo previsto no anexo II. Excepcionalmente, aqueles clubs de modalidades deportivas que se desenvolvan durante o ano natural deberán presentar o certificado da federación correspondente ao ano 2021. No caso de que non se poida presentar devandito certificado, a persoa representante legal do club deberá achegar unha declaración xurada cos datos requiridos na base decimosegunda desta convocatoria para competir no referido ano e no momento da xustificación deberá presentar inescusablemente o certificado da federación correspondente.
- Documentación opcional a anexar
Na modalidade de ciclismo os clubs terán que presentar unha declaración na que certifiquen que van participar como mínimo en 5 probas puntuables para as copas, ligas ou ránquines do calendario nacional no caso de clubs elite, sub-23 ou júnior, ou nun mínimo de 5 probas do calendario UCI no caso dos clubs UCI, segundo o modelo previsto no anexo III. Deberase participar con licenzas e equipos dados de alta como tales na federación galega ou española de ciclismo. No momento da xustificación terán que presentar un certificado expedido pola federación correspondente no que se acredite a asistencia a ese mínimo de 5 probas cos seus equipos dados de alta correctamente.
No caso de judo e doutras modalidades, para poder solicitar a subvención as entidades solicitantes deberán acreditar estes dous documentos: 1) Calendario de competición oficial 2) Anexo IV: declaración do club dos desprazamentos a competicións oficiais federadas fose da comunidade autónoma cun mínimo de 7.500 km, así como do número de persoas desprazadas.
Como facelo
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal) de acordo co establecido no artigo 14.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).
Se a solicitude se presenta de forma presencial requiriráselle que a emende mediante a súa presentación electrónica. Para este efecto, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que se realizase a emenda.
Para a presentación das solicitudes a Sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).
Cada club poderá presentar unha única solicitude dunha modalidade deportiva concreta.