Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra
Volver

1997857 Programa Depotermal - Procedemento de adhesión os concellos

A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, convoca a cuarta edición do plan “Depotermal”.

Trátase dun plan cun claro obxectivo social, xa que lles facilita o acceso ao turismo de saúde a persoas que doutro modo non poderían beneficiarse da súa dobre función —como período de vacacións e tamén como tratamento sanitario—.

Así mesmo, tamén pretende ser un plan dinamizador da economía da provincia, co que se impulsen a creación e o mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade ao desestacionalizar a demanda.

Prazo de resolución: 2 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Cohesión Social e Xuventude

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 28 de xaneiro de 2019 ata o 15 de febreiro de 2019.

Todos os concellos da provincia de Pontevedra poderán sumarse ao plan mediante a solicitude de adhesión dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).

Os concellos que se adhiran ao plan actuarán como entidades colaboradoras na súa xestión e deberán cumprir coas obrigas que se establezan nas bases reguladoras segundo o disposto na LXS.

Esta adhesión supón a obriga de rexistrar cada solicitude das persoas empadroadas no formulario web que a institución provincial habilitará para que cubran as e os profesionais responsables dos concellos, segundo o establecido na base oitava desta convocatoria.

Así mesmo, deberanse determinar as persoas usuarias que se beneficiarán daquelas prazas reservadas para persoas en situación ou risco de exclusión social, o que se acreditará mediante unha valoración social da ou do traballador social dos servizos sociais comunitarios municipais, de acordo co establecido na base oitava.

Os concellos interesados achegarán coa solicitude a seguinte documentación:

  • Certificación da Secretaría do concello que corresponda sobre a adhesión ao plan (Anexo I)

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal.

Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da institución provincial admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNI-e).

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local

Volver
SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra