1993179 Subvencións para clubs deportivos sen ánimo de lucro que participen en competicións federadas de ámbito inferior a nacional
Descrición
Dirixido a
Poderán optar a estas subvencións os clubs deportivos federados que cumpran os seguintes requisitos:
Carecer de fins de lucro
Estar ao corrente coas obrigas tributarias da Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda galega, coa Seguridade Social e coa Deputación, así como non ter obrigas ou incumprimentos pendentes, de calquera tipo e non só económicos, coa Deputación
A modalidade practicada polos clubs deportivos federados ten que ter implantación na provincia de Pontevedra
Estar inscritos no Rexistro de Asociacións Deportivas da Secretaría Xeral para o Deporte
Non estar incursos en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas nin nalgunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei
Non poderán beneficiarse destas subvencións os clubs deportivos que teñan pendentes de xustificar subvencións concedidas no ano 2018 para o mesmo programa.
Documentación requirida
Os clubs interesados achegarán coa solicitude a seguinte documentación:
Certificación da federación galega ou española correspondente, na que se detallen os criterios de valoración específicos e previstos no cadro da base 12.ª destas bases (anexo II). Excepcionalmente, aqueles clubs de modalidades deportivas que se desenvolvan durante o ano natural deberán presentar o certificado da federación correspondente ao ano 2019. No caso de que non se poida presentar o mencionado certificado, a ou o representante legal do club deberá achegar unha declaración xurada cos datos reflectidos na base 12.ª destas bases para competir no referido ano, e no momento da xustificación deberá presentar o certificado da federación correspondente.
Como facelo
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, (https://sede.depo.gal)
Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da institución provincial admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNI-e).