Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra
Volver

1996663 Programa MUSIGAL 2019 - Solicitude de grupos acollidos

O programa Musigal ten como obxectivo favorecer a programación artística por parte dos concellos e diríxese especificamente aos grupos e artistas profesionais de música. Un dos seus obxectivos é a dinamización da lingua galega, en canto que busca favorecer a vivencia positiva no noso idioma e contribuír á posta en valor da lingua galega e ao incremento do seu uso e prestixio, á socialización en galego da infancia e da mocidade e á toma de consciencia sociolingüística da poboación da provincia de Pontevedra.

Poderán beneficiarse os concellos da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes. A cada concello concederáselle unha única actuación para o ano 2019.

Non obstante, na solicitude os concellos poderán indicar ou sinalar ata un máximo de tres grupos por orde de preferencia, e farán constar o nome do grupo ou artista, a data e o lugar fixados para levar a cabo a actuación. En caso de que, por algunha causa imprevista, se produza un cambio de lugar ou data dalgunha das actuacións previstas, o concello trasladaralle este cambio ao Servizo de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra.

Prazo de resolución: 6 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Cultura e Lingua

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 24 de xaneiro do 2019 ata o 8 de febreiro do 2019.

Poderán beneficiarse os concellos da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes.

Os concellos interesados deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

  • Publicidade en galego do evento, na que se indique a pertenza ao programa “Musigal” 2019 da Deputación de Pontevedra

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal .

Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da institución provincial admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNI-e).

Bases (enlace as bases)

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local

Volver
SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra