1934732 Subvencións para o financiamento dos custos da dotación de persoal para a realización de tarefas de información en oficinas de turismo adheridas á Rede de Oficinas de Turismo Info Rías Baixas
Descrición
Dirixido a
Poderán solicitar estas subvencións as entidades locais que integran a Administración Local da provincia de Pontevedra e os organismos públicos e entidades de dereito público vinculados ou dependentes delas que cumpran os seguintes requisitos:
Dispor dunha oficina de turismo ou punto de información turística adherida á Rede de Oficinas de Turismo Info Rías Baixas á que se adscribirá o persoal cuxo custo de financiación será obxecto de subvención
Estar ao corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e coa facenda autonómica da Xunta de Galicia (ATRIGA)
Non ter débedas coa Deputación de Pontevedra.
Estar ao corrente do pagamento da Seguridade Social.
Non estar incursa en ningún dos supostos de prohibición para a percepción de axudas ou subvencións públicas, de acordo co especificado no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
Non ter pendente de xustificación subvencións anteriores pagadas anticipadamente pola Deputación de Pontevedra.
Documentación requirida
As entidades locais interesadas deberán achegarán a solicitude normalizada dispoñible na Sede electrónica.
Como facelo
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal.
Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da institución provincial admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNI-e).