1993137 Préstamos sen xuros a municipios da provincia de Pontevedra
Descrición
Dirixido a
Poderán presentar solicitudes os concellos da provincia de Pontevedra cunha poboación inferior a 50.000 habitantes, de acordo co último padrón ou actualización publicados polo INE.
Ademais, os concellos solicitantes deben cumprir os seguintes requisitos:
Ter aprobado o orzamento para o exercicio corrente ou, no caso de prórroga, cumprir co previsto no artigo 50 do TRLRFL.
Cumprir co previsto nos artigos 51, 52, 53 e seguintes do TRLRFL no relativo á concertación de operacións de crédito.
Non ter pendentes de pagamento cotas de amortización de préstamos contraídos coa Deputación.
Documentación requirida
Os concellos interesados achegarán coa solicitude a seguinte documentación:
LIÑA 1
Proxecto do investimento que se vai realizar ou memoria valorada que inclúa un orzamento detallado, segundo o previsto no punto noveno das bases reguladoras
No caso de subministracións deberase remitir un prego de prescricións técnicas que deberá incluír, cando menos, unha memoria descritiva do obxecto e un orzamento desagregado, segundo o previsto no punto noveno das bases reguladoras
Certificación do concello solicitante, co alcance previsto punto noveno das bases reguladoras
Certificado de ter pagadas as cotas de amortización vencidas de préstamos contraídos coa Deputación e, no caso de que algunha delas venza antes da sesión de concesión do préstamo, o compromiso de proceder ó seu pagamento sen exceder esa data
Certificado do esforzo fiscal, do número de habitantes e de ter o orzamento municipal aprobado para o exercicio corrente ou, no seu defecto, de telo prorrogado de acordo co previsto no artigo 50 do TRLRFL
Certificado sobre o aforro neto, de acordo coa última liquidación do orzamento, e sobre a débeda viva pendente de amortizar na data de presentación da solicitude
Compromiso, de ser necesario, de comunicarlle ou solicitarlle autorización para a concertación operación de crédito ao órgano que exerce a tutela financeira , así como calquera outro requisito establecido na normativa reguladora das operacións de crédito no ámbito local
LIÑA 2
Breve memoria explicativa da necesidade do préstamo
Certificación do concello solicitante, co alcance previsto punto noveno das bases reguladoras
Certificado de ter pagadas as cotas de amortización dos préstamos contraídos coa Deputación e, no caso de que algunha delas venza antes da sesión de concesión do préstamo, o compromiso de proceder ó seu pagamento sen exceder esa data
Certificado do esforzo fiscal, do número de habitantes e de ter o orzamento municipal aprobado para o exercicio corrente ou, no seu defecto, de telo prorrogado de acordo co previsto no artigo 50 do TRLRFL
Certificado sobre o aforro neto, de acordo coa última liquidación do orzamento, e sobre a débeda viva pendente de amortizar na data de presentación da solicitude
Compromiso, de ser necesario, de comunicarlle ou solicitarlle autorización para a concertación operación de crédito ao órgano que exerce a tutela financeira , así como calquera outro requisito establecido na normativa reguladora das operacións de crédito no ámbito local
Como facelo
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal.
Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da institución provincial admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNI-e).