Amplíanse os prazos de presentación de solicitudes dos procedementos de "O teu primeiro emprego" tanto en ONGs como en corporacións sectoriais ata o 15 de Abril do 2021 por unha incidencia no servizo de cl@ve.
As entidades solicitantes poderán ser as agrupacións e asociacións sen fins de lucro da provincia de Pontevedra.
As entidades interesadas, como organizadoras dos actos, débense poñer en contacto cos grupos inscritos no Catálogo de grupos Pontegal da provincia de Pontevedra para concretar a data da actuación, coñecer as condicións e facilitarlles o concerto ou a posta en escena da obra. Os grupos disporán dun escenario ou marco adecuado para que poidan efectuar a súa actuación sen impedimento ningún.
Quedan expresamente excluídas do ámbito do programa “Pontegal”:
As solicitudes efectuadas por persoas particulares, empresas, comunidades de montes, centros educativos e ANPAS
Aquelas peticións de grupos que superen os límites establecidos na base 12.ª desta convocatoria
Documentación requirida
Modelo de solicitude debidamente cuberto acompañado de:
Publicidade en galego do evento na que figure o logo da Deputación de Pontevedra
Como facelo
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado, dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra: https://sede.depo.gal.
Se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial requiriráselle que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que se realizase a emenda. En todo caso, se tal emenda se fixese fóra do prazo de presentación de solicitudes esta deberá limitarse á presentación electrónica do que xa se entregou de xeito presencial, sen que poidan engadirse outros datos ou documentos ou rectificar os xa achegados.
Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que prevé a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal), e os certificados electrónicos (incluído o DNIe).