SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra

1987063 Programa MUSIGAL 2019

O programa Musigal ten como obxectivo favorecer a programación artística por parte dos concellos e diríxese especificamente aos grupos e artistas profesionais de música. Un dos seus obxectivos é a dinamización da lingua galega, en canto que busca favorecer a vivencia positiva no noso idioma e contribuír á posta en valor da lingua galega e ao incremento do seu uso e prestixio, á socialización en galego da infancia e da mocidade e á toma de consciencia sociolingüística da poboación da provincia de Pontevedra.

Prazo de resolución : 6 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Cultura e Lingua

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 21 de decembro de 2018 ata o 18 de xaneiro de 2019

Poderán inscribirse neste programa unicamente grupos musicais profesionais con domicilio social na provincia de Pontevedra, que aborden de xeito específico contidos sociolingüísticos e de dinamización da lingua galega e que nos seus concertos fagan música en galego ou, en caso de ser instrumentais, que as súas pezas sexan de autoría galega.
Modelo de solicitude debidamente cuberto acompañado de:
  • Certificación de alta no censo de empresarios e profesionais (IAE)
  • Orzamento. Deberase especificar, por unha banda, o caché da actuación e, por outra, o custo do equipamento técnico necesario para a súa realización
  • Memoria do espectáculo que inclúa a descrición do espectáculo, acreditando o emprego do galego como mínimo no 70 % das obras musicais que se interpretarán, o repertorio musical e duración do espectáculo e a ficha do grupo, que conteña as persoas integrantes do equipo artístico e técnico e as necesidades técnicas e de produción
  • En caso de que se queiran integrar na categoría “Son mocidade” deberán acompañar unha fotocopia do DNI ou NIE das e dos compoñentes para os efectos de comprobación das idades
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal .
Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da institución provincial admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNI-e).

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvención
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local