SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra

1986497 Programa PONTEGAL 2019 - Solicitude de inclusión

A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Cultura e Lingua, no seu afán de impulsar e fomentar a cultura popular en lingua galega nas múltiples e variadas expresións artísticas, en colaboración cos concellos, as agrupacións, as entidades e as asociacións culturais, pon en marcha o “Pontegal” 2019. A través deste programa serán retribuídos os grupos da provincia polas actuacións autorizadas e realizadas ao longo do ano 2019 no ámbito territorial da provincia de Pontevedra.
Prazo de resolución: 6 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Cultura e Lingua

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 18 de decembro de 2018 ata o 18 de xaneiro de 2019.

Poderán solicitar a inclusión no “Pontegal” as bandas de música, masas corais, grupos folclóricos, grupos de gaitas, bandas de gaitas, agrupacións de música tradicional, de música clásica ou de teatro, entre outros, co fin de contribuír a difundir e promover a música, o folclore, o teatro, a danza, o audiovisual e as demais manifestacións artísticas.

Modelo de solicitude debidamente cuberto acompañado de:

Documentación xeral:

a. Fotografía da agrupación en soporte dixital con formato JPG

b. Memoria explicativa da actividade que desenvolven, na que se incluirán as necesidades técnicas precisas e a contía económica de cada actuación (caché). O caché estará suxeito a que o comproben os órganos competentes desta Deputación

c. Acta de constitución das agrupacións que carezan de NIF. Esta acta deberá estar asinada polas persoas que compoñen a agrupación e na que constará a designación da persoa representante

d. A relación nominal das persoas que compoñen o grupo co seu número de NIF

e. Certificación da entidade de crédito da titularidade da conta bancaria

Documentación específica:

Bandas de música:

  • A relación do alumnado e a do profesorado da escola de música

Grupos folclóricos:

  • A relación nominal das persoas que compoñen o grupo instrumental co seu número de NIF
  • A relación do alumnado da escola de baile
  • Para os grupos folclóricos, os que teñan máis de 30 membros (Grupo A) acreditación documental de realizar actividades de investigación ou etnografía, entre outras

Teatro:

  • Memoria para ser valorada, que incluirá o caché do grupo, o custo da montaxe, unha proposta da programación (obras para representar) e a relación das altas de actores e actrices así como do equipo técnic
  • Declaración xurada de cumprimento co establecido no I Convenio colectivo de actores e actrices de teatro de Galicia

Conferenciantes:

  • Título acreditativo da materia que se vai impartir
  • Memoria explicativa das materias sobre as que pode impartir as conferencias, que deberán estar relacionadas coa titulación e coas publicacións, tendo en conta que para seren incluídas nesta epígrafe as persoas interesadas deberán contar con titulación media ou superior e teren publicacións, bibliográficas e/ou audiovisuais, sobre a temática en revistas científicas, o que se deberá acreditar documentalmente

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal.

A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas representantes dunha das anteriores. Se algunha destas persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible a través da Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, segundo o previsto no art. 14.1 Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.





Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da institución provincial admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNI-e).

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local