Amplíanse os prazos de presentación de solicitudes dos procedementos de "O teu primeiro emprego" tanto en ONGs como en corporacións sectoriais ata o 15 de Abril do 2021 por unha incidencia no servizo de cl@ve.
1977369 Obtención da Categoría de Deportista de Alto Nivel (DEPO_DAN) e Deportista Promesa (DEPO_PROMESA)
Descrición
Dirixido a
Renovación da categoría DEPO_DAN:
As e os deportistas DEPO_DAN que estean recoñecidos na relación definitiva publicada no BOPPO núm. 51, de 13 de marzo, e no núm. 69, de 9 de abril de 2019, e continúen recoñecidos como deportistas de alto nivel pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia ou polo Consello Superior de Deportes na última lista publicada antes das bases, renovaráselles a condición de deportista de alto nivel pola provincia de Pontevedra de forma automática sen ter que facer ningún trámite.
Novas solicitudes da categoría DEPO_ DAN:
Para obter a condición de DEPO_DAN é necesario:
Levar polo menos desde o 1 de xaneiro de 2019 empadroada ou empadroado na provincia de Pontevedra ou nacer nela e ter certo sentido de permanencia
Estar en posesión da cualificación de deportista de alto nivel autonómico ou estatal na última lista publicada antes que estas bases polos organismos correspondentes
Estar en posesión dunha licenza deportiva vixente expedida por unha federación deportiva dunha modalidade olímpica, paralímpica ou de proxección internacional notoria no ano 2019
Non estar a cumprir unha sanción disciplinaria deportiva firme de carácter moi grave nin unha sanción administrativa firme en materia deportiva de carácter grave ou moi grave no momento da solicitude de recoñecemento nin durante o goce dos beneficios derivados
Non estar inmersa ou inmerso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas nin nalgunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei
DEPO_PROMESA:
Para obter a condición de DEPO_PROMESA é necesario en todos os casos:
Levar polo menos desde o 1 de xaneiro de 2019 empadroada ou empadroado na provincia de Pontevedra ou nacer nela e ter certo sentido de permanencia
Ter entre 12 e 16 anos feitos como moi tarde o 31 de decembro de 2019
Estar en posesión dunha licenza deportiva vixente expedida por unha federación deportiva dunha modalidade olímpica, paralímpica ou de proxección internacional notoria no ano 2019
Non estar a cumprir unha sanción disciplinaria deportiva firme de carácter moi grave ou unha sanción administrativa firme en materia deportiva de carácter grave ou moi grave no momento da solicitude de recoñecemento nin durante o gozo dos beneficios derivados
Acreditar o nivel esixido pola Deputación de Pontevedra en base aos criterios de valoración que se establecen nesta convocatoria
Non estar inmersa ou inmerso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas nin nalgunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei
Documentación requirida
As entidades interesadas achegarán coa solicitude a seguinte documentación:
Só para a obtención da categoría DEPO_PROMESA, un certificado deportivo emitido polas federacións no que se especifiquen a participación e a clasificación nas diferentes probas deportivas (anexo II).
Como facelo
As solicitudes deberán realizarse a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal.
Opcionalmente, as solicitudes tamén poderán presentarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da institución provincial admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNI-e).