1975495 Elección de proxectos para o seguemento do compostaxe individual do Concello de Pontevedra
Descrición
Dirixido a
Poderán presentar proxectos ao amparo desta convocatoria aquelas entidades e/ou asociacións sen ánimo de lucro posuidoras de coñecementos e cunha mínima presenza/implantación previa no eido da compostaxe individual, tales como asociacións ecoloxistas, xuntas de montes, sindicatos agrarios e asociacións de veciñanza.
Documentación requirida
Modelo de solicitude debidamente cuberto acompañado de:
Estatutos da asociación ou entidade.
Proxecto relativo ao seguimento de composteiros individuais no ámbito territorial do Concello de Pontevedra, que poderá abarcar un mínimo de 2.000 e un máximo de 8.000 composteiros, que conteña todos os apartados necesarios para a valoración dos criterios de selección establecidos na base sétima.
Como facelo
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal.
Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da institución provincial admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNI-e).