SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra

1975495 Elección de proxectos para o seguemento do compostaxe individual do Concello de Pontevedra

Prazo de resolución: 6 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Asistencia Intermunicial

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 4 de decembro de 2018 ata o 18 de decembro de 2018.

Poderán presentar proxectos ao amparo desta convocatoria aquelas entidades e/ou asociacións sen ánimo de lucro posuidoras de coñecementos e cunha mínima presenza/implantación previa no eido da compostaxe individual, tales como asociacións ecoloxistas, xuntas de montes, sindicatos agrarios e asociacións de veciñanza.

Modelo de solicitude debidamente cuberto acompañado de:

  • Estatutos da asociación ou entidade.
  • Proxecto relativo ao seguimento de composteiros individuais no ámbito territorial do Concello de Pontevedra, que poderá abarcar un mínimo de 2.000 e un máximo de 8.000 composteiros, que conteña todos os apartados necesarios para a valoración dos criterios de selección establecidos na base sétima.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal.

Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da institución provincial admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNI-e).

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local

Volver