1935052 Axudas para o estudo dirixidas ao alumnado da Escola de Cantería
Descrición
Dirixido a
Poderá solicitar estas axudas o alumnado que, no curso académico 2020/2021, estea matriculado en estudos presenciais conducentes a obter a titulación de Cantería ou de Mestra ou Mestre Canteiro na Escola de Cantería.
Documentación requirida
Para ser incluído nesta convocatoria de axudas o alumnado presentará a seguinte documentación:
Copia do contrato de alugueiro, no caso de residir fóra do seu domicilio habitual durante todo o curso escolar
Declaración das persoas que conforman a unidade familiar coa autorización para a comprobación de datos de identidade, residencia, nivel de renda e vida laboral
Como facelo
As solicitudes presentaranse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal.
Para a presentación das solicitudes a través do rexistro electrónico a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal), e os certificados electrónicos (incluído o DNIe).
Opcionalmente poderán presentarse as solicitudes de forma presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra.