Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra
Volver

1935052 Axudas para o estudo dirixidas ao alumnado da Escola de Cantería

Prazo de resolución: 6 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Escola de Cantería

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 22 de novembro de 2018 ata o 5 de decembro de 2018.

O alumnado da Escola de Cantería que cumpra os seguintes requisitos:

a) Estar matriculado, no curso académico 2018/19, en estudos presenciais conducentes a obter a titulación de Canteira ou Canteiro e Mestra Canteira ou Mestre Canteiro na Escola de Cantería

b) Ter cumpridos os 16 anos

Modelo de solicitude debidamente cuberto acompañado de:

• Copia do contrato de aluguer, no caso de residir fóra do seu domicilio habitual durante todo o curso escolar

• Declaración das persoas que conforman a unidade familiar coa autorización para a comprobación de datos de identidade, residencia, nivel de renda e vida laboral (Anexo I)

Formulario para solicitude presencial


As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).

Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da institución provincial admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNI-e).

Opcionalmente poderán presentarse as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra.


Normativa aplicable

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local

Volver
SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra