SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra

687349 Premios Sofía Novoa Ortiz á inclusión da perspectiva de xénero nos traballos de fin de grao e fin de máster

A promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes é unha das principais liñas de actuación da Deputación de Pontevedra; por iso, un ano máis, potencia a realización de traballos de fin de grao e de fin de máster nos que se integre a perspectiva de xénero.

Tendo en conta a importancia da investigación e do estudo do significado e do alcance da igualdade entre mulleres e homes, que redunda en beneficio do progreso e do benestar do conxunto da sociedade, convócase a cuarta edición dos Premios Sofía Novoa Ortiz á Inclusión da Perspectiva de Xénero nos Traballos de Fin de Grao e Fin de Máster, para fomentar, consolidar e dar a coñecer a inclusión da perspectiva de xénero nos traballos de fin de máster e fin de grao realizados na Universidade de Vigo, nos campus de Vigo e de Pontevedra.

Prazo de resolución: 6 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Igualdade

Prazos para o seu inicio e finalización:  Do 16 de setembro de 2019 ata o 27 de setembro de 2019.

A data límite para a entrega dos traballos por vía telemática é o 4 de outubro de 2019.

A convocatoria está dirixida a todo o alumnado da Universidade de Vigo pertencente aos campus de Pontevedra e de Vigo, que poderá acceder con calquera traballo de fin de grao ou de fin de máster no que se incluíse a perspectiva de xénero e fose presentado, defendido e aprobado durante o curso 2018-2019 en calquera rama de coñecemento.

Premios

Haberá 3 premios en cada categoría:

- Premios aos traballos de fin de grao:

  • Dous premios dotados con 1.000 € cada un
  • Un accésit dotado con 600 €

- Premios aos traballos de fin de máster:

  • Dous premios dotados con 1.000 € cada un
  • Un accésit dotado con 600 €

Os premios estarán suxeitos á retención do IRPF correspondente segundo a lexislación vixente no momento da resolución.

  • Modelo de solicitude cuberto (anexo I)
  • Certificación académica da titulación correspondente, coa data de presentación do traballo e a cualificación obtida

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).

Opcionalmente poderán presentarse as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible en https://sede.depo.gal.

Unha vez recibidas as solicitudes as persoas que reúnan os requisitos da convocatoria recibirán un código de inscrición que permitirá a recepción do traballo por vía electrónica. A persoa solicitante recibirá no seu telefono móbil unha mensaxe SMS na que se lle indicará a activación do código web asignado ao seu traballo.

Formulario para solicitud

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local