687349 Premios Sofía Novoa Ortiz á inclusión da perspectiva de xénero nos traballos de fin de grao e fin de máster
Descrición
Dirixido a
A convocatoria está dirixida a todo o alumnado da Universidade de Vigo pertencente aos campus de Pontevedra e de Vigo, que poderá acceder con calquera traballo de fin de grao ou de fin de máster no que se incluíse a perspectiva de xénero e fose presentado, defendido e aprobado durante o curso 2018-2019 en calquera rama de coñecemento.
Premios
Haberá 3 premios en cada categoría:
- Premios aos traballos de fin de grao:
Dous premios dotados con 1.000 € cada un
Un accésit dotado con 600 €
- Premios aos traballos de fin de máster:
Dous premios dotados con 1.000 € cada un
Un accésit dotado con 600 €
Os premios estarán suxeitos á retención do IRPF correspondente segundo a lexislación vixente no momento da resolución.
Documentación requirida
Modelo de solicitude cuberto (anexo I)
Certificación académica da titulación correspondente, coa data de presentación do traballo e a cualificación obtida
Como facelo
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).
Opcionalmente poderán presentarse as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible en https://sede.depo.gal.
Unha vez recibidas as solicitudes as persoas que reúnan os requisitos da convocatoria recibirán un código de inscrición que permitirá a recepción do traballo por vía electrónica. A persoa solicitante recibirá no seu telefono móbil unha mensaxe SMS na que se lle indicará a activación do código web asignado ao seu traballo.