SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra

871245 Programa Telecultura "O Museo de Pontevedra en Curtametraxes"

A Deputación de Pontevedra, no proxecto Telecultura, a través do Museo de Pontevedra, organiza un novo Festival Audiovisual Infantil e Xuvenil “O Museo de Pontevedra en Curtametraxes” sobre o patrimonio cultural exposto nos edificios abertos ao público do Museo de Pontevedra.

“O Museo de Pontevedra en Curtametraxes” ten como obxectivo fomentar e divulgar o patrimonio cultural entre as e os escolares de idades comprendidas entre os 10 e os 17 anos sobre os fondos, obras e coleccións expostas no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, no Edificio Sarmiento e nas Ruínas de San Domingos.

Prazo de resolución: 3 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Museo de Pontevedra

Prazos para o seu inicio e finalización:  Do 25 de setembro de 2019 ata o 23 de xaneiro de 2020

Poderán participar no festival de curtametraxes todo o alumnado de educación primaria de 5º e 6º , secundaria, bacharelato, graos medios ou formación profesional básica, tanto a título individual como en grupo, a condición de que estean representados por unha persoa maior de idade (pais, nais ou titoría legal en caso de presentarse de forma individual ou pola dirección ou xefatura de estudos de centro escolar cando se presenten a nivel grupal, xa que todos os participantes debe ser menores de idade a 31 de decembro de 2019.

Non poderán participar no Festival de Curtametraxes aquelas persoas que interviñeran na realización deste Festival, tampouco os fillos e fillas das persoas empregadas da Deputación de Pontevedra, nin dos diferentes Centros dependentes da mesma en calquera dos concellos da provincia en primeiro ou segundo grao. Poderase invalidar calquera participación de persoas que fosen asistidas por quen teñen prohibida a súa participación.

Modalidades de participación

Existen catro categorías de participación:

  • “Categoría Infantil”: para curtametraxes realizadas por rapazas e rapaces que cursen 5º e 6º de primaria.
  • “Categoría Benxamín”: para curtametraxes realizadas por rapazas e rapaces que cursen 1º e 2º da ESO.
  • “Categoría Alevín”: para curtametraxes realizadas por rapazas e rapaces que cursen 3º e 4º da ESO.
  • “Categoría Cadete”: para curtametraxes realizadas por rapazas e rapaces que cursen Bacharelato, Graos medios e Formación Profesional Básica.

A participación será gratuíta.

Modelo de solicitude debidamente cuberto.

A data límite de recepción das curtametraxes será o día 23 de abril de 2020.

As solicitudes presentaranse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal. Para a presentación das solicitudes, a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluíndo o DNI-e).

Alternativamente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local