Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra
Volver

1662887 Axudas a Escolas de Música Dependentes

Descrición

Subvención do funcionamento, no desenvolvemento das súas actividades docentes, das escolas de música dependentes das asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro que teñan entre os seus obxectivos a formación musical e estean radicadas na provincia de Pontevedra, durante o ano 2018

Prazo de resolución: 6 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Cultura e Lingua

Prazos para o seu inicio e finalización:  Do 24 de setembro  ata o 15 de outubro de 2018 ás 15:00 horas.

Normativa aplicable:

  • Bases e información relacionada
  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local

Poderán solicitar estas axudas as entidades titulares das escolas de música que conten coa correspondente autorización da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ao final do prazo establecido para a presentación de solicitudes e que estean radicadas na provincia de Pontevedra.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal. Para a presentación das solicitudes, a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluíndo o DNI-e).

Modelo de solicitude debidamente cuberto acompañado da seguinte documentación:

  • Orzamento de gastos da escola detallado por conceptos, asinado pola persoa representante
  • Relación de persoal docente e non docente, debidamente asinada
  • Declaración do número de alumnas e alumnos que se matriculados no curso 2017-2018, debidamente asinada

Volver
SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra