Amplíanse os prazos de presentación de solicitudes dos procedementos de "O teu primeiro emprego" tanto en ONGs como en corporacións sectoriais ata o 15 de Abril do 2021 por unha incidencia no servizo de cl@ve.
Estas subministracions van dirixidas a Concellos da Provincia de Pontevedra cunha poboación de menos de 50.000 habitantes, que desexen acollerse a este Programa e que cumpran cos requisitos do mesmo.
Como facelo
PRAZO. LUGAR E FORMAS DE PRESENTACIÓN:
As bases reguladoras publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e con posterioridade á Base de Datos Nacional de Subvencions (BDNS), que será a que lle dea traslado ao BOPPO do seu estracto.
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.(BOPPO). As solicitudes presentadas fóra deste plazo non serán admitidas nesta convocatoria.
A solicitude presentarase do seguintes pasos:
Presentacion da solicitude mediante formulario na sede electrónica (procedimiento SIA ) seguindo os seguintes pasos:
Identificación usando calquera dos mecanismo de identificación admitidos pola sede electronica da Deputación de Pontevedra: certificado dixital, DNI-e, Cl@ve permanente.
Acceder ai catálogo de procedementos e localizar o específico da convocatoria (procedemento SIA)
Cubrir os datos dos fomularios como se solicita na sede electrónica.
Achegar o formulario de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación establecida na base novena.
Se o proceso finaliza con éxito, a sede electrónica facilitará un xustificante de rexistro que acredita a presentación da solicitude.