SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra

1778531 DEPOrte Escolas

A Deputación de Pontevedra, no marco da promoción e do desenvolvemento da práctica da actividade física en idade escolar, leva a cabo o seu programa deportivo de DEPO_ESCOLAS da Deputación de Pontevedra.

Para os efectos do presente procedemento considérase deporte en idade escolar a práctica deportiva organizada e voluntaria por parte da poboación en idade escolar.

A práctica do deporte en   idade escolar debe ser preferentemente polideportiva e garantir que os deportistas coñezan a práctica de diversas modalidades deportivas de acordo coa súa aptitude física e idade.

Prazo de resolución: 2 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Deportes

Prazos para o seu inicio e finalización:

Abriranse dous prazos para a presentación de solicitudes:

  • 1º prazo: Do 16 de setembro  ao 30 de setembro.
  • 2º prazo: Do 4 de novembro  ao 13 de xaneiro.

Unha vez finalizado o prazo de inscrición poderanse consultar as listaxes na páxina web.

As escolas estarán destinadas a nenas  e nenos en   idade escolar que residan na provincia de Pontevedra. As modalidades dispoñibles por Concello para cada tramo de idade , así como os horarios serán obxecto de publicación na páxina web da Deputación de Pontevedra.

Para o curso 2019/2020 ofertaranse 10 modalidades deportivas:

  • Atletismo
  • Baloncesto
  • Balonmán
  • Fútbol
  • Judo
  • Patinaxe
  • Piragüismo
  • Rugby
  • Taekwondo
  • Loita

As persoas interesadas deberán presentar a solicitude normalizada correspondente e achegar:

  • Libro de familia no que figure a nena ou neno solicitante

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).

Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente en calquera  dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible en:

Formulario para solicitud presencial .

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro , do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro , xeneral de subvencións
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de éxime local