SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra

1778531 DEPOrte Escolas

A Deputación de Pontevedra, no marco da promoción e do desenvolvemento da práctica da actividade física en idade escolar, leva a cabo o seu programa deportivo de DEPO_ESCOLAS da Deputación de Pontevedra.

Para os efectos do presente procedemento considérase deporte en idade escolar a práctica deportiva organizada e voluntaria por parte da poboación en idade escolar.

A práctica do deporte en idade escolar debe ser preferentemente polideportiva e garantir que os deportistas coñezan a práctica de diversas modalidades deportivas de acordo coa súa aptitude física e idade.

Prazo de resolución: 3 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Deportes

Prazos para o seu inicio e finalización:

Abriranse dous prazos para a presentación de solicitudes:

  • 1º prazo: Do 24 de decembro de 2020 ao 12 de xaneiro de 2021.
  • 2º prazo: Do 1 de febrero de 2021 ao 1 de marzo de 2021.

Unha vez finalizado o prazo de inscrición poderanse consultar as listaxes na páxina web.

As escolas estarán destinadas a nenas e nenos en idade escolar que residan na provincia de Pontevedra. As modalidades dispoñibles por Concello para cada tramo de idade, así como os horarios serán obxecto de publicación na páxina web da Deputación de Pontevedra.

Para o curso 2020/2021 ofertaranse 9 modalidades deportivas:

  • Atletismo
  • Baloncesto
  • Balonmán
  • Judo
  • Patinaxe
  • Piragüismo
  • Rugby
  • Taekwondo
  • Loita

As persoas interesadas deberán presentar a solicitude normalizada correspondente e achegar:

  • No caso de menores que non teñan DNI/NIE, libro de familia no que figure a nena ou neno solicitante

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).

Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente en calquera  dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible en:

Formulario para solicitud presencial .

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro , do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro , xeneral de subvencións
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de éxime local