Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra
Volver
Rexistro electrónico

1523351 Plan Revitaliza

Prazo de resolución: 6 meses

Efectos do silencio administrativo: Desestimatorio

Unidade administrativa responsable: Servizo de Asistencia Intermunicipal SAIM

Prazos para o seu inicio e finalización: tres meses

Normativa aplicable:

  • Bases reguladoras
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvención
  • R.d. 887/2006, do 21 de xullo, Regulamento da Lei xeral de subvención
  • Ordenanza xeral de subvencións da Deputación de Pontevedr
  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións pública
  • Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local

Poderán presentar as solicitudes os concellos cun censo de poboación inferior aos 50.000 habitantes, ben individualmente ou agrupados, para as actuacións necesarias para cambiar o actual sistema por outro baseado na compostaxe.

Poderán acollerse a estas axudas os concellos que no momento de finalización do prazo de presentación de instancias estean adheridos ao Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra de acordo co protocolo publicado no BOPPO núm. 199, do 18 de outubro de 2016, adhesión que se pode facer simultaneamente con esta convocatoria.

As solicitudes para a liña 2 só poderán realizarse asociadas á solicitude da liña 1, ou ben coa elaboración municipal dun plan de recollida e tratamento de residuos domiciliarios que responda aos criterios do Plan Compost Revitaliza, baseado na compostaxe e que fixe obxectivos de tratamento da FORM en consonancia cos compromisos de adhesión a este Plan.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal.

Para a presentación das solicitudes, a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluíndo o DNI-e).

Modelo de solicitude debidamente cuberto acompañado da seguinte documentación:

LIÑA 1: Redacción do Plan municipal de recollida e tratamento de residuos

  • Acordo da aprobación da solicitude por parte do órgano municipal competente do concello ou concellos solicitantes; neste último caso segundo o convenio de colaboración subscrito
  • Certificación do acordo de adhesión do concello ou concellos solicitantes ao Plan Revitaliza
  • Definición escrita e gráfica do ámbito aproximado no que se pretende implantar o novo sistema, no caso de non ser en todo o concello ou concellos

LIÑA 2: Adquisición de composteiros individuais e comunitarios e demais material complementario

  • Acordo da aprobación da solicitude por parte do órgano municipal competente do concello ou concellos solicitantes; neste último caso segundo o convenio de colaboración subscrito
  • Memoria explicativa en detalle do proxecto de cambio de sistema de recollida e tratamento de residuos que permita valorar cada un dos criterios de concesión da axuda definidos na base cuarta
  • Certificación do acordo de adhesión do concello ou concellos solicitantes ao Plan Compost Revitaliza
  • Descrición e orzamento aproximado, co IVE detallado, do material que se pretende adquirir, con indicación se o IVE é deducible ou non
  • Copia da solicitude da Liña 1 ou compromiso de elaboración propia do Plan municipal de residuos

Volver
Rexistro electrónico
SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra