Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra
Volver

1373582 Prevención do abandono e o fomento da adopción dos animais de compañía abandonados

Presentación de solicitudes, escritos ou comunicacións que non conten cun modelo electrónico normalizado.

Prazo de resolución: 6 meses

Efectos do silencio administrativo: Desestimatorio

Unidade administrativa responsable: Servizo de Asistencia Intermunicipal SAIM

Prazos para o seu inicio e finalización: dous meses

Normativa aplicable:

  • Bases reguladora
  • Lei 38/2003, de 17 de novembro, general de subvencione
  • R.d. 887/2006, de 21 de xullo, Regulamento da Lei xeral de subvención
  • Ordenanza xeral de subvencións da Deputación de Pontevedr
  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións pública
  • Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local

Poderán optar a estas axudas as asociacións sen ánimo de lucro legalmente constituídas, con domicilio fiscal na provincia de Pontevedra e inscritas no Rexistro galego de asociacións para a protección e defensa dos animais de compañía.

Non poderán obter a condición de beneficiarias as entidades que teñan sancións firmes en vía administrativa por infraccións tipificadas na Lei 4/2017, de 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía de Galicia; así como na Lei 1/1993, de 13 de abril e na Lei 50/1990, de 23 de decembro.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal.

Para a presentación das solicitudes, a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluíndo o DNI-e).

Modelo de solicitude debidamente cuberto acompañado da seguinte documentación:

a) Resolución da inscrición no Rexistro galego de asociacións para a protección e defensa dos animais de compañía.

b) Memoria explicativa e orzamentaria das actuacións na que se recollerán de forma concisa e clara os seguintes aspectos: descrición detallada da actuación, finalidade, datas, localidades, lugares e medios empregados, público destinatario (perfil e número estimado de participantes), material divulgativo a empregar (contidos, tipo de material, número de unidades, idioma) e custo estimado por concepto para levar a cabo cada unha das actuacións descritas na memoria.

c) Breve memoria descritiva das actividades divulgativas, charlas e obradoiros que a asociación desenvolveu nos últimos tres anos na que se recolla, cando menos, a descrición da actuación, a finalidade, datas, localidades e lugares, o público destinatario, o número de asistentes etc., así como calquera outra que poida servir para a baremación dos expedientes. Xunto á memoria achegaranse a documentación que xustifique a realización das actividades descritas nela; o número de asistentes acreditarase cunha declaración responsable ou certificado expedido pola persoa representante da asociación no que conste este.


Volver
SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra