SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de Pontevedra
Notificación

Amplíanse os prazos de presentación de solicitudes dos procedementos de "O teu primeiro emprego" tanto en ONGs como en corporacións sectoriais ata o 15 de Abril do 2021 por unha incidencia no servizo de cl@ve.

287980 Actividades de Carácter Turístico

O turismo é unha das actividades con maior potencial de creación de emprego e de crecemento económico da Unión Europea, ata o punto de que o Tratado de Lisboa contempla expresamente a importancia do sector turístico e contén disposicións específicas co obxectivo de promover a competitividade entre as empresas do sector para converter á UE no primeiro destino turístico mundial.

Este procedemento ten por obxecto regular a concesión de subvencións públicas destinadas a promover actividades de carácter turístico durante o ano 2021 coa finalidade de colaborar no fomento do turismo e na profesionalización do sector da provincia de Pontevedra, segundo os principios de concorrencia competitiva, obxectividade e publicidade.

Poderán ser obxecto de subvención as actividades de fomento do turismo que teñan como fins, entre outros, os seguintes:

  • Promoción e estímulo dun sector turístico competitivo, de calidade, accesible e sustentable
  • Promoción dos seguintes recursos turísticos da provincia: a natureza, o medio ambiente e a paisaxe; as festas e tradicións populares; o patrimonio cultural e lingüístico; a gastronomía e a enogastronomía; a saúde, o benestar e o termalismo.

Quedan excluídas desta convocatoria e, polo tanto, non serán obxecto de subvención, as seguintes actividades e investimentos:

  • As actividades ou investimentos subvencionados, no mesmo exercicio, a través doutras convocatorias de subvencións ou plans provinciais da Deputación de Pontevedra.
  • Os gastos de funcionamento das entidades, os gastos correntes, os gastos de persoal da propia entidade e as actividades xerais que se realicen ao longo de todo o ano.
  • As viaxes de lecer e as excursións.
  • Os gastos gastronómicos, agás cando garden relación directa coa actividade e sexan necesarios para o seu desenvolvemento.
  • As adquisicións de material inventariable, equipamentos ou calquera outro gasto que supoña un incremento para o patrimonio da persoa beneficiaria.
  • Os gastos en investimentos de carácter inmaterial, susceptibles de producir os seus efectos en varios exercicios futuros, como a elaboración de vídeos utilizados en campañas de promoción turística.
  • A elaboración e impresión de material de información turística (folletos, posters, carteis, etc.)
  • As festas gastronómicas que consistan principalmente na degustación de produtos sen a súa posta en valor

Prazo de resolución: 6 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Turismo

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 23 de marzo de 2021 ata o 22 de abril de 2021

Poderán solicitar estas subvencións as persoas xurídicas que reúnan os seguintes requisitos:

  • Non ter a condición de Administración Pública.
  • Carecer de fins de lucro.
  • Ter o domicilio social na provincia de Pontevedra ou, excepcionalmente, fóra desta cando a actividade para a que se solicita a subvención teña interese para a provincia.
  • Estar ao corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e coa facenda autonómica da Xunta de Galicia (ATRIGA).
  • Non ter débedas coa Deputación de Pontevedra.
  • Estar ao corrente do pagamento da Seguridade Social.
  • Non estar incursa en ningún dos supostos de prohibición para a percepción de axudas ou subvencións públicas, de acordo co especificado no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
  • Non ter pendente de xustificación subvencións anteriores pagadas anticipadamente pola Deputación de Pontevedra.

Os solicitantes deberán achegar, xunto coa solicitude, a seguinte documentación:

  • Escritura de constitución da asociación ou entidade
  • Memoria das actuacións a desenvolver segundo o modelo dispoñible na sede electrónica (Anexo I) e na que se farán constar, entre outros, a denominación da actividade e os datos necesarios para a valoración da actividade segundo os criterios establecidos na base 11ª.
  • Certificado de acreditación do cargo e representación, segundo modelo dispoñible na sede electrónica (Anexo II), só no caso de non realizar a presentación de solicitude con certificado de representante de persoa xurídica.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible no procedemento SIA 287980 – Actividades de carácter turístico da sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal) de acordo co establecido nos artigos 14.2 e 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

No caso de presentar a solicitude de forma presencial, requiriráselle para que a emende mediante a presentación electrónica, coa concesión dun prazo de 10 días hábiles ao respecto. En todo caso, se tal emenda se efectuase fora do prazo de presentación de solicitudes, limitarase á presentación electrónica do previamente presentado presencialmente, sen que sexa posible engadirse outros documentos ou rectificar os xa achegados. Isto sen prexuízo da emenda en xeral, que no seu caso, procederase de acordo coas presentes bases ou segundo o art. 68.1 da Lei 39/2015.

Para a presentación das solicitudes a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluíndo o DNI-e).

Soamente se admitirá unha única solicitude de subvención por cada entidade solicitante.

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local
  • Lei 7/2011, de 27 de outubro, de Turismo de Galicia