SEDE ELECTRÓNICA
Deputación de Pontevedra
Sede Electrónica | Deputación de PontevedraSede Electrónica | Deputación de Pontevedra

287980 Actividades de Carácter Turístico

O turismo é unha das actividades con maior potencial de creación de emprego e de crecemento económico da Unión Europea, ata o punto de que o Tratado de Lisboa contempla expresamente a importancia do sector turístico e contén disposicións específicas co obxectivo de promover a competitividade entre as empresas do sector para converter á UE no primeiro destino turístico mundial.

Este procedemento ten como obxectivo a concesión de subvencións públicas destinadas a promover actividades de carácter turístico coa finalidade de colaborar no fomento do turismo e na profesionalización do sector da provincia de Pontevedra, segundo os principios de concorrencia competitiva, obxectividade e publicidade.

A Deputación de Pontevedra concederá subvencións para a realización de actividades do fomento do turismo con repercusión turística provincial, durante o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2019.

Prazo de resolución: 6 meses

Efectos do silencio administrativo: negativo

Unidade administrativa responsable: Servizo de Turismo

Prazos para o seu inicio e finalización: Do 1 de abril de 2019 ata o 29 de abril de 2019

Poderán solicitar estas subvencións as persoas xurídicas que reúnan os seguintes requisitos:

  • Non ter a condición de Administración Pública.
  • Carecer de fins de lucro.
  • Ter o domicilio social na provincia de Pontevedra ou, excepcionalmente, fóra desta cando a actividade para a que se solicita a subvención teña interese para a provincia.
  • Estar ao corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e coa facenda autonómica da Xunta de Galicia (ATRIGA).
  • Non ter débedas coa Deputación de Pontevedra.
  • Estar ao corrente do pagamento da Seguridade Social.
  • Non estar incursa en ningún dos supostos de prohibición para a percepción de axudas ou subvencións públicas, de acordo co especificado no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
  • Non ter pendente de xustificación subvencións anteriores pagadas anticipadamente pola Deputación de Pontevedra.

As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

  • Escritura de constitución da asociación ou entidade
  • Certificado de acreditación do cargo e representación (segundo modelo dispoñible na sede electrónica Anexo II)
  • Orzamento de gastos desagregado e totalizado e orzamento de ingresos (segundo modelo dispoñible na sede electrónica Anexo III)

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal), de acordo co establecido nos artigos 14.2 e 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Para a presentación das solicitudes, a sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).

Outra normativa de referencia:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local
  • Lei 7/2011, de 27 de outubro, do Turismo de Galicia

Volver